top of page

O BNG de Lalín pide a comparencia de José Crespo e Pablo Areán polo tema da Policía Local

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín demanda a comparecencia no próximo Pleno municipal do alcalde José Crespo e do concelleiro responsable da Policía Local, Pablo Areán, para dar explicacións de varios feitos relacionados coa Policía Local.

O pasado 12 de febreiro o do BNG de Lalín denunciou, "a alarmarte realidade na que se atopa a Policía Local, nun momento a maiores, de máxima preocupación veciñal pola evidente situación de inseguridade cidadá que sofre o noso concello, e que vimos denunciando nos últimos meses, producíndose hai dúas semanas as primeiras detencións, sen opter ningunha resposta á mesma por parte do goberno municipal".


Desde o BNG esixen "transparencia e solucións inmediatas. O goberno municipal non pode seguir facendo gala da máis absoluta incapacidade e irresponsabilidade nesta materia que afecta a toda a cidadanía. Lalín merece unha Policía Local dotada cos medios suficientes para prestar un servizo digno e eficaz. A realidade actual supera todos os límites ao deixar este goberno unicamente con nove axentes debido á incompresible decisión do PP de “cambiar das súas funcións a un axente para adicalo definitivamente a outras que a día de hoxe nin coñecemos nen compartimos”.


Este axente, indica o Bloque, "leva todo o presente ano sen facer as súas funcións polas que é funcionario e cobra, adicándose a outras como poden ser a Feira do Cocido ou as feiras quincenais, ou anteriormente como tamén denunciamos desde o BNG, facendo de cobrador para as festas patronais. É unha decisión escandalosa xa que nin tan sequera somos coñecedores da existencia dun Decreto da Alcaldía que especifique e argumente dito cambio e avale a súa nova labor, feito este que acarrea responsabilidades administrativa que desde o BNG esixiremos".


Esta redución de persoal, apunta, "cunha plantilla xa de por si moi escasa, está provocando importantes deficiencias nas distintas labores propias deste corpo no momento de máxima inseguridade na historia de Lalín. Non hai servizo de Policía Local polas noites de luns a xoves nen os domingos, de sete días da semana, cinco deles o concello está pola noite sen policía. A maiores, esta reducción tamén acarrea unha cantidade importante de tardes e mañás sen cubrir ao longo de cada mes por parte da Policía Local".


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Esta é unha situación insoportable, agravándose aínda máis debido a que a Garda Civil ten unha soa patrulla para toda a comarca, o que evidencia que os tempos de respostas son completamente deficientes a todas luces. O PP está actuando cunha irresponsabilidade sen precedentes, e que con este tipo de decisións o único que fai, é deslexitimar á Policía Local de Lalín. A veciñanza de Lalín non pode chamar á Policía Local e a resposta coa que se atope sexa unha gravación que di que se poña en contacto co 112 ou a Garda Civil".


Desde o BNG sinalan que "non vemos ético que asignen a un policía local a outras funcións que non sexan as súas, e evidentemente a estas moi menos, é poñer á policía local nunha situación incómoda e indesexable". Para o BNG á Policía Local "hai que dotala de medios técnicos e humanos, dándolle así lexitimidade, e preguntámonos se non haberá traballadores ou traballadoras municipais que se poidan adicar a isto. A maiores, e non menos grave, resulta outra nova mentira do PP, e mostra da súa incapacidade de xestión, como revelamos ao facelo público que o proceso selectivo de tres novas prazas de policía local seguen a día de hoxe sen iniciarse as probas o que significa, que ao ter comezado

o curso obrigatorio de formación posterior á aprobación da oposición na Academia Galega de Seguridade, estes tres axentes terán que facelo para o vindeiro ano, o que significa, nin máis nin menos, que non contaremos con estas incorporacións até finais do ano 2026".

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ante todo isto, esixen responsabilidades políticas "debido a que estas prazas se corresponden ao ano 2024e o goberno local, en todo este tempo, non quixo ou non foi capaz de sacalas adiante, priorizando, iso si, outros tipo de oposicións que terán que explicar o motivo da súa prioridade e a deixadez destas. Desde o BNG tildamos de hipócritas ao PP ao falar recentemento en pleno de que a taxa de reposición lles impedía contar con máis efectivos, cando despois demóstrase que nen as que poden repoñer son sacadas a tempo".


Por todo isto, solicita a comparecencia no próximo Pleno municipal do alcalde José Crespo e do concelleiro responsable da Policía Local, Pablo Areán, para dar explicacións.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page