Foi o máis representativo dos alcaldes de Lalín no periodo da II República Española
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín lembra a Manuel Ferreiro Panadeiros, militante de Izquierda Republicana e un dos alcaldes máis destacados de Lalín, ao cumprirse hoxe, venres, 85 anos do seu pasamento.
Comunicado íntegro do BNG de Lalín
Este venres, 27 de agosto, fará 85 anos que foi fusilado na Caeira-Poio, na estrada á
parroquia de Campañó do concello de Pontevedra o que fora o más representativo
dos alcaldes de Lalín no periodo da II República Española, Manuel Ferreiro
Panadeiros, militante de Izquierda Republicana, o partido do que era afiliado o que foi
Presidente, D.Manuel Azaña.
Na madrugada do día 27 de agosto de 1936, era executado por un piquete militar ao
mando dun Garda Civil tras ser condenado á pena de morte por un tribunal en
consello de guerra sumarísimo por ser acusado de rebelión (traición con agravante de
perversidade) contra o Bando de Guerra dos golpistas que posteriormente serían
comandados polo Xeral Francisco Franco.
O seu delicto fora só defender a legalidade democrática e institucional do réxime
republicano que se proclamara no Estado Español o 14 de abril de 1931. Á altura do
sábado, 18 de xullo de 1936 (xornada de feira no Concelllo de Lalín), Manuel Ferreiro
xa non era o alcalde de Lalín, xa que o Concello estaba gobernado por unha xestora
que presidía o militante nacionalista do PG de Castelao e Bóveda, D.Xesús Golmar, e
Manuel Ferreiro fora nomeado Secretario do Concello polo entón Gobernador Civil de
Pontevedra,
No día seguinte do levantamento militar na Península contra a República (o 17 de
xullo, xa se producira no Norte de África, no Protectorado de Marrocos), o 19 de xullo
viaxa a Pontevedra a entrevistarse, ante a gravidade da situación polo golpe de estado
do exército, co Gobernador Civil de Pontevedra, Gonzalo Acosta Pan, na compañía de
varios alcaldes de Deza, líderes sindicais e dirixentes políticos do Frente Popular,
coalición de esquerdas e nacionalistas que resultara vencedora nas eleccións do 16
de febrero de 1936.
Na tarde do luns, 20 de xullo de 1936, constituido o Consello de Defensa da República
(CDR de Lalín) e secundada polas organizacións sindicais o chamamento á folga
xeral, decídese ir en axuda á capital da provincia; mais cando chega a expedición de
varios centos de veciños, fundamentalmente traballadores mobilizados polos líderes
sindicatos da comarca de Deza e na que ía ao fronte Manuel Ferreiro, entre outros
dirixentes políticos, xa nada poden facer xa que os militares golpistas xa tiñan o control
de Pontevedra tras proclamar o Estado de Guerra.
Manuel Ferreiro vése obrigado a refuxiarse e acode a Santiago, onde finalmente
acaba sendo detido e trasladado á cadea, sendo preso en Pontevedra onde é
sometido a un xuízo farsa propio dos golpistas no que os acusados son os que
defenderon as liberdades, a democracia e a legalidade institucional fronte a
proclamación do Estado de Guerra por parte dos golpistas de unha parte do Exército
(non a totalidade) apoiados por faccións da extrema dereita e moi conservadoras
(monárquicos), grupúsculos de corte fascista como era a extraparlamentaria FE y de
las JONS e os ultracatólicos da Comunión Tradicionalista Carlista (con presenza fundamentalmente en Navarra e, en menor medida, no País Vasco constituindo por
forzas paramilitarares ilegais (¨Requetés´).
Manuel Ferreiro, foi o primeiro 'axustizado'; a consecuencia do golpe de estado do 18
de xullo de 1936 en Lalín, pero logo virían outros moitos máis veciños lalinenses que prestaran auxilio dentro das súas poucas posiblidades, facendo fronte a un exército ben armado e dirixido polos comandantes da garda civil, que se fixo en poucos días donos da situación con total impunidade; así para o xoves, 23 de xullo de 1936, moitos xa foron detidos en Lalín polos adeptos ao chamado Alzamiento do Movimiento Nacional.
Moitos foron asasinados extraxudicialmente por bandas armadas de paramilitares ultras (falangistas), que estaban amparadas polos mandos militares golpistas, se formación de causa, nen xuízo algún. A maioría por ser cadros políticos e sindicais que apoiaron á coalición electoral da Fronte Popular sen ter cometido ningunha ilegalidade e ningún delicto con violencia ou producido danos físicos con feridas a ninguén e menos morte algunha. Só defender a legalidade republicana vixente naquel momento, os dereitos cidadáns, as liberdades políticas e, en definitiva, a democracia.
Logo da morte de Manuel Ferreiro, seguirían a de outros veciños que por ter dereito por
Lei ao seu recoñecemento como vítimas pasamos a nomear por sentirmos en débeda
con eles, xa que constitúe un acto de tributo polo seumartirio; e á chamada verdade,
xustiza, reparación e deber de memoria democrática lembrarnos de eles:
Jesús Froiz Gómez (Moneixas, asasinado á saída dó Concello de A Estrada 09/Outubro/1936), Luis Frade Pazos (Bendoiro), Eliseo Garra Lalín (Donramiro), Ramiro Granja González (Filgueira), José López Bermúdez (Nacido en Cádiz, veciño de Bendoiro), José Montouto Rodríguez (Donsión) e Luis Varela Sobrado (Palmou) todos este seis asasinados na chamada Volta do Couto en Tenorio, concello de Cotobade o 09 de novembro de 1936, posíbelmente pola chamada Gardia Cívica, constituída por falangistas ao mando do diputadado dePontevedra da extrema dereita, Victor Lis Quibén. José Crespo Torres (lDe Bendoiro, líder sindical, condenado a morte en Consello de Guerra e fusilado o 02 de decembro de 1936), Benito Fernández Balboa (asasinado o 04 de xaneiro de 1937); José Donsión Muiños (De Donsión, executado tras Consello de Guerra en Monte-Porreiro - Pontevedra o 16 de marzo de 1937). Adolfo Blanco Barreiro (Cristimil), José Carballude González (Donsión) e Antonio Iglesias Blanco (Doade) os tres abatidos pola Gardia Civil o 22 de maio de 1938 en Navarra ao tentar fuxir da Cadea de San Cristóbal de Pamplona.
Outros que aparecen paseados durante o periodo da Guerra, naturais e veciños de Lalín, foron Eligio Quintá Ramos (Ferrol +06/10/1936) Gonzalo López Rodríguez (Serantes-Ferrol +11/10/1936), Amadeo Enríquez Baldonedo e Celso Lamas Coego (soldados mortos en filas), Jose Vázquez Fernández (Nado en Cuba, fillo de emigrante de Bermés, condenado a morte, non se executa por ser súbdito cubano, pero morre na cadea de San Cristóbal en Pamplona o 21/Maio/1940), Benito González González (+09/12/1947, abatido pola Garda Civil cando pretendía sumarse á resistencia armada da guerrilla antifranquista en Lebozán) e Miguel Lamas Iglesias (de Vilatuxe, morto tras anos de cárcere acusado de
colaboración coa guerrilla antifranquista, o 14/04/1951).
Outros a destacar como vítimas da represión da Ditadura de Franco, foi o profesor Manuel Golmar Rodríguez, do Partido Galeguista, condenado a cadea perpetua por rebalión militar e preso primeiro na Illa de San Simón, foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona), onde permaneceu até 1941. En liberdade provisional, pero inhabilitado para o Maxisterio, regresou a súa parroquia de Santiso onde casou. Morreu sen ser rehabilitado como mestre. Tamen é de salientar é o veciño de Bermés, José Fondevila García,coñecido como O Comunista de Bermés, lider sindical, fuxido logo do golpe do 18 de xullo, pasa a zona republicana e intégrase no exército popular leal a República até o fin da guerra civil, e logo de tentar regresar a Lalín, diante do persecución a que é sometido, fuxe a México logo pasar por Portugal.
Quedan moitos veciños máis que foron profesionais autónomos e empresarios, maestros, funcionarios municipais e do Estado, como os carteiros de Correos e outros que sufriron a inhabilitación, prisión e desterro por estar significados na defensa da legalidade, mulleres tamén que sufriron as consecuencias brutais dos castigos e da represión dictatorial, e as cais merecen ter un recoñecimento e que os viciños actuais temos que rendir xa un merecido tributo de recoñecemento.
Por todo isto, diante da amplia exposición e relato de feitos, que son históricamente contrastábeis, o BNG local de Lalín, propón a todas as forzas políticas con representación municipal, a realización dun acto institucional coa debida solennidade para con todos os nosos veciños que perderon a súa vida por defender a democracia e a legalidade contra os golpistas da extrema dereita na II República Española nos anos 30 e das décadas posteriores até a finalización da Ditadura de Franco; calquera que fora a súa posición ideolóxica simplemente demócratas, republicanos conservadores ou moderados, das
distintas organizacións sindicais e políticas da esquerda ou nacionalistas galegos.
Estamos seguros que ningún grupo político actual, non se identifica nin defende nada
en absoluto do que se identifica co réxime que se impuxo pola forza manu militari logo de esa nefasta data do 18 de xullo de 1936. Esta, para nós, ten que ser unha raparación histórica e moral cos nosos veciños que padeceron esa longa noite de pedra como ben recitou o poeta de Celanova, Celso Emilio Ferreiro.
En conclusión, é o menos que se pode facer para que haxa MEMORIA HISTÓRICA: verdade, memoria, xustiza e reparación para todas as vítimas do franquismo en LALÍN e na que non nos poden acusar de ser reviosnistas ou ter ánimo de revancha algunha. O BNG non sinala a ninguén, en absoluto, como vitimário, verdugo ou colaborador local con aquel
terror de corte fascista en aras de chegar a un consenso para acadar a finalidade desta proposta, e lonxe de claquera protagonismo político, xa que son parte estes lalinenses da moi numerosa GALIZA MÁRTIR.
Nota: Agrademos á Comisión pola Memórria Sinhor Afranio de cuxos apuntes sinalamos as vítimas locais de Lalín e que foron publicadas nun díptico en agosto de 2011 pola Asociación Socio-Cultural Manuel Ferreiro cando foi o 75 cabodano da morte do Alcalde Manuel Ferreiro.
Comments