top of page

O BNG de Lalín lanza o seu Boletín que distribuirá entre aveciñanza

Os problemas de vivenda e servizos sociais no concello centran parte das análises e propostas neste número


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín inicia o reparto esta semana do seu Boletín, no que a organización nacionalistas lalinenses informan á cidadanía das actividades e iniciativas do BNG local e analizan tamén a situación actual e os problemas que enfronta o concello de Lalín. O Boletín será distribuído nas vindeiras semanas polos membros do BNG de Lalín, como un xeito de manter informada á poboación da actividade que o BNG local desenvolve cada día diante das demandas e denuncias que o BNG local recibe da cidadanía e a acción de goberno que desenvolve nas institucións.

O Boletín do BNG de Lalín ten este mes unha entrevista coa nova voceira no concello e candidata ás vindeiras eleccións municipais de 2027, Mari Fernández Sanmartín, na que analiza a situación actual do concello e as propostas e demandas que o BNG defende na

acción institucional a nivel local, coa presenza como novos concelleiros da propia Mari

Fernández e Manuel Carbón.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

No Boletín o BNG analiza e fai propostas e demandas arredor de problemáticas fundamentais no concello de Lalín como a vivenda, a sanidade ou a educación, aspectos

fundamentais que están a provocar unha “emerxencia social” no concello sobre a que o

BNG de Lalín ten claras as cifras oficiais, os datos económicos e as propostas e medidas

que hai que tomar de cara ao futuro para que estas cuestións deixen de ser un problema

para as veciñas e veciños e sexan tratadas con “auténticas políticas sociais deseñadas

por e para a xente” que procuren o benestar e a calidade de vida da veciñanza.


"No BNG de Lalín estamos acostumados a estar en contacto directo coa xente, coas

veciñas e veciños que sempre se dirixen a nós para expresarnos as súas preocupacións e

demandas”, todas estas cuestións que “recollemos e trasladamos feitas propostas nas

institucións” son obxecto de análise neste Boletín, co que o BNG de Lalín “seguirá

percorrendo o noso concello, casa por casa, para atender e escoitar o máis importante, o

que as nosas veciñas e veciños teñen que dicir”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Este Boletín do BNG, "presente sempre no sentir común da veciñanza, terá novas

edicións periódicas co obxecto de manter informadas ás veciñas e veciños de Lalín da

actualidade, os datos e os proxectos cos que traballa o BNG de Lalín sempre co obxectivo fundamental de mellorar o benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Lalín, e exercer ademais como corresponde de correa transmisora dos problemas, demandas e necesidades que a pé de rúa cada día nos traslada a veciñanza do noso concello".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page