top of page

O BNG de Lalín interpón un recurso de reposición contra o acto administrativo de convocatoria do pleno para hoxe

Ecos da Comarca/Lalín

O voceiro do BNG de Lalín, Francisco Vilariño, interpoño un recurso de reposición contra o acto administrativo de convocatoria de Sesión Plenaria Ordinaria para o 23 de agosto. Os motivos son os seguintes:

Francisco Vilariño.

"1. O 20 de agosto de 2024 recibimos comunicación de convocatoria de Pleno Ordinario de Lalín o 23 de agosto ás 10:00, en primeira convocatoria, e o 25 de agosto á mesma hora, en segunda convocatoria.

2.- A periodicidade das sesións ordinarias do Pleno de Lalín están fixadas polo propio Pleno para o último venres hábil de cada mes.

3.- O último venres hábil deste mes será o 30 de agosto de 2024. Así o Alcalde de Lalín non pode convocar un Pleno Ordinario para o venres 23 de agosto.

4.- Corresponde ao Secretario velar pola legalidade formal e material das actuacións do Pleno (arto 16.2 Lei 40/2015), neste caso polas normas que regulan as regras esenciais para a correcta formación da vontade deste órgano colexiado, a saber, a súa convocatoria.

5.- Os actos das Administracións Públicas son nulos de pleno dereito cando son ditados prescindindo das normas que conteñen as regras esenciais para a formación de vontade dos órganos colexiados (arto 47.1 Lei 39/2015).

6.- A celebración da sesión plenaria con estas condicións podería causar ao interese público prexuízos de imposible ou difícil reparación porque os acordos que fosen adoptados poderían ser declarados nulos de pleno dereito incluso moito tempo despois de ser adoptados.

7.- Por iso e porque este recurso fundaméntase nunha das causas de nulidade de pleno dereito prevista no arto 47.1 Lei 39/2015, solicítase tamén a suspensión da execución do acto da convocatoria que estamos a recorrer (arto 117 Lei 39/2015)".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ante todo isto, o BNG solicita a admisión deste recurso de reposición, a anulación da convocatoria de Pleno Ordinario para o 23 de agosto en primeira convocatoria e para o 25 de agosto en segunda convocatoria e a suspensión da execución do acto administrativo que se recorre.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page