top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín insta ao PP a "recoñecer o logro da rebaixa de peaxes e non poñer paus nas rodas"

O PSOE deste municipio lembra que "o único que fixo Crespo pola rebaixa da AP-53 foi confrontar e poñer pancartas cando o PP non goberna en Madrid"


Ecos da Comarca/Deza

O BNG de Lalín considera “o colmo da desvergoña” que o PP local estea agora a falar da rebaixa das peaxes na AP 53 acadada polo BNG no pacto de investidura. O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, critica que “quen coma alcalde presenciou calado coma o PP privatizaba a nosa conexión con Compostela, agora teña algo que decir ao respecto”. Para o BNG de Lalín, logo de conseguir a rebaixa de até un 75% nesta peaxe, “resulta agora incríbel que algún coma Crespo que tivo 20 anos para rematar con este atraco aos lalinenses agora sexa quen de darnos lección sao respecto”.

Por iso Vilariño convidou ao PP local a “recoñecer o logro acadado polo BNG e non poner paus nas rodas” nun acordo que beneficia aos veciños e veciñas e á economía local”. O BNG lembra que Crespo, actualmente senador do PP, xa tivo responsabilidades na Cámara Alta no periodo 2015-2019, “cando os lalinenses xa estabamos a ser atracados coas peaxes máis caras de todo o Estado”, pero o certo é que “coma senador daquelas non presentou iniciativa alguna para procurar a rebaixa das abusivas peaxes que os lalinenses pagamos dende fai 20 anos”.


Por iso Vilariño critica que sexa agora “cando volta a ser senador e sigue sin facer nada

por Lalín agás apoiar os delirios do seu xefe de filas, cando resulta que o señor Crespo ten algo que dicir ao respecto das peaxes da AP 53”. O BNG ten claro que son as “políticas para a xente” que moven ao nacionalismo galego as que “posibilitaron que esta demanda histórica da Comarca do Deza” por fin se vaia a facer realidade grazas ás políticas “pensadas para a xente”. Paco Vilariño considera que Crespo e o PP “carecen de argumentos para siquera falar do tema”, de feito o BNG de Lalín lémbralle ao rexedor que

cando se entregou a concesión da AP 53 a mans privadas “por parte dun dos grandes valedores de Lalín e íntimo de Crespo, él era alcalde e non foi quen de decir nada ao respecto”.


Vilariño asegura que “por acción e por omisión os que se consideraban próceres locais venderon o futuro do noso concello e agora o BNG vén de rematar con ese agravio”. Por iso, e diante do acordo histórico que o BNG vén de conquerir en Madrid co PSOE, Vilariño

pídelle a Crespo “que teña un pouco de memoria e vergoña allea”, e lembre que durante este tempo “veu subir as peaxes sin chistar cando gobernaban os seus en Madrid, e abreu a boca cando quen gobernaba era o PSOE”, pero a realidade é teimuda e a actitude de ambos demostra que “entre uns e outros levan anos atracando aos veciños e veciñas de Lalín, cousa coa que rematou agora o BNG”.


Publicidade

Xa que a rebaixa dos peaxes será inminente no 2024, o BNG de Lalín convida a Crespo a

sumarse ao traballo que os nacionalistas galegos van a levar a cabo para rescatar a concesión da AP 53 (concedida graciosamente polo PP) e recuperar a xestión desta autopista de xeito que podamos conquerir que sexa completamente gratuita para os seus usuarios. Paco Vilariño lémbralle ao señor Crespo que a Universidade e o Hospital “sáelle dende fai anos pola súa culpa máis caro aos lalinenses”.


O BNG de Lalín dille a Crespo que “nunca é tarde para rectificar, e defender a educación e a sanidade dos veciños e veciñas de Lalín en igualdade de condición que o resto do país”.


Pola súa banda, o PSOE de Lalín acusa a Crespo de non facer absolutamente nada pola rebaixa efectiva da AP-53 "salvo berrar, confrontar e colocar pancartas sempre nos periodos nos que o PP non goberna en Madrid".

Agora a realidade, sinalan os socialistas, "é que un Goberno presidido por Pedro Sánchez coa influencia de Besteiro vai facer posible bonificacións de ata o 75%. Crespo foi ao Senado coa excusa da rebaixa da autopista pero todo apunta a que vai votar en contra desta rebaixa".


Publicidade

Os socialistas apostan "a que Crespo vaise opoñer no Senado a Rebaixa da peaxe. Polo tanto, ademais de non facer nada, salvo confrontar e facer electoralismo cun asunto tan importante pata Lalín, vai atrancar máis a chegada das bonificacións".

Os socialistas de Lalín lembran que se trata dun pacto co BNG, "pero a ninguén se lle escapa que o voto do BNG non é necesario para a investidura, polo tanto, trátase dun verdadeiro compromiso do próximo Goberno de Pedro Sánchez que fai valer o peso do PSdeG e singularmente do deputado Gómez Besteiro, que ademais vai ser Presidente de Galicia".

0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page