Paco Vilariño lémbralle ao Partido Popular que “é o BNG o que fai políticas para a xente fronte a un PP que é o único que non se alegra da rebaixa
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín considera “o colmo da desvergoña” que o PP local estea agora a falar da rebaixa das peaxes na AP-53 acadada polo BNG no pacto de investidura. O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, critica que “quen coma o PP privatizaba a a nosa conexión con Compostela, a friolera de 75 anos, agora teña algo que decir ao respecto”. Para o BNG de Lalín, logo de conseguir a rebaixa de até un 75% nesta peaxe, “resulta agora incrible que algún coma Crespo que tivo 20 anos para rematar con este atraco aos lalinenses agora sexa quen de darnos lección sao respecto”.
Por iso Vilariño convidou ao PP local a “recoñecer o logro acadado polo BNG e non poñer paus nas rodas ”nun acordo moi beneficioso para os veciños e veciñas e á economía local”.
As declaracións públicas que recollían o pasado mércores os distintos medios de comunicación, "nas que o voceiro do PP, o señor Avelino, actuaba unha vez máis como
hooligan do PP, non son máis que a radriografía perfecta do enorme dano que fixo o
PP aos vecinos de Lalín coa autoestrada AP-53, ao aprobar a súa xestión nas nefastas
condicións que o fixeron. Argumentos, nos que intentan tratar á xente coma se fosen
votantes descerebrados e que amosan a a máis mínima ética política, referíndose a esta
autoestrada coma a máis cara do estado, criticando as subas anuais que supoñen una
lousa para a veciñanza, a discriminación con esta comarca ou que é hora de abordar coa
concesionaria a conxelación de presos…".
Publicidade
"Quen fixo posible todo isto? Quen votou sistematicamente en contra das propostas que presentou o BNG ao longo dos últimos anos para poñerlle fin a este atraco? Quen non fixo nada cando gobernou e tivo a oportunidade? Evidentemente os distintos gobernos en Madrid do PP e do PSOE". O BNG lembra que Crespo, actualmente senador do PP, xa tivo responsabilidades na Cámara Alta no periodo 2015-2019, “cando os lalinenses xa estabamos a ser atracados coas peaxes máis caras de todo o Estado, pero o certo é que coma senador daquelas non presentou iniciativa alguna para procurar a rebaixa das abusivas peaxes que os lalinenses pagamos dende hai 20 anos”.
Publicidade
Por iso Vilariño critica que sexa agora “cando volta a ser senador e segue sen facer nada
por Lalín agás apoiar os delirios do seu xefe de filas, antepoñendo os intereses do seu partido aos da veciñanza de Lalín que é a quen se debe”.
O BNG ten claro que son as “políticas para a xente” que moven ao nacionalismo galego as que“posibilitaron que esta demanda histórica da Comarca do Deza” por fin se vaia a facer realidade grazas ás políticas “pensadas para a xente”. Paco Vilariño considera que o PP “carece de lexitimidade e argumentos para sequera falar do tema”, de feito o BNG de Lalín lémbralle ao PP que cando se entregou a concesión da AP-53 a mans privadas eles gobernaban Lalín e non foron quen de dicir nada ao respecto”. Vilariño asegura que “por acción e por omisión os que se consideraban próceres locais venderon o futuro do noso concello e agora o BNG vén de rematar con ese agravio”.
Publicidade
Por iso, e diante do acordo histórico que o BNG vén de conseguir en Madrid co PSOE, Vilariño pídelle ao PP “que teña un pouco de memoria e vergoña allea”, e lembre que durante este tempo “veu subir as peaxes sen chistar cando gobernaban os seus en Madrid, e abreu a boca cando quen gobernaba era o PSOE”, pero a realidade é teimuda e a actitude de ambos demostra que “entre uns e outros levan anos atracando aos veciños e veciñas de Lalín, cousa coa que rematou agora o BNG”.
Xa que a rebaixa dos peaxes será inminente no 2024, o BNG de Lalín convida ao PP a sumarse ao traballo que os nacionalistas galegos van levar a cabo para "rescatar a concesión da AP 53 ("concedida graciosamente polo PP) e recuperar a xestión desta autoestrada de xeito que poidamos conseguir que sexa completamente gratuíta para os seus usuarios".
Comments