top of page

O BNG de Lalín insta ao goberno local a instalar de novo os paraugas de cores na rúa Colón

O voceiro nacionalista foi o responsable desta iniaciativa no anterior goberno e ademais, propón facer esta proposta extensiva a outras rúas do casco urbano


Ecos da Comarca/Lalín

O voceiro municipal do BNG de Lalín, Francisco Vilariño, anuncia a presentación

dunha iniciativa plenaria para conminar ao grupo de goberno a instalar os paraugas de cores na rúa Colón e a facer esta proposta extensiva a outras rúas do casco urbano lalinense, con diferentes elementos decorativos, tal e como anunciara no anterior goberno que ía facer e que o cambio de goberno evitou que se plasmara nese verán. "Unha negativa que non se entende debido a que desde o propio goberno actual díxose en varias ocasións que a estrutura multicolor foi una boa idea", recalca o nacionalista.

Vilariño, como responsable desta iniciativa no anterior goberno, discrepa coa postura do executivo local e di que durante o pasado mandato, foi moi positiva. "Son máis necesarios que nunca, porque os paraugas xa se compraron e só hai que asumir o custo da montaxe" e a maiores mercar novos elementos para outras rúas, pero sabendo que son investimentos menores e que quedan para poder empregar en sucesivos anos. "A experiencia ten demostrado con rotunda claridade que impacto positivo e o retorno é infinitamente superior á invesión inicial".


Para o BNG esta iniciativa de cubrir varias rúas con elementos decorativos de cores axuda a potenciar a chegada de visitantes durante a época estival e que tan necesaria se fai nestes momentos. O obxectivo é embelecer tramos peonís dunha maneira "moi visual e orixinal" e convertirlos, deste xeito, "nun novo e potente reclamo para turistas e veciños", apunta o concelleiro nacionalista, que alude a outros lugares nos que se desenrolan con enorme éxito e aceptación iniciativas semellantes. Ao mesmo tempo, destaca, " dinamízase a actividade social e comercial da vila".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

En palabras de Vilariño “desfacerse desta proposta só obedece á estratexia dun goberno que se move por revanchismo e que non responde á defensa do interés xeral do conxunto dos vecinos e veciñas”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page