top of page

O BNG de Lalín inicia un proceso participativo para elexir candidato ás eleccións municipais

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Arrancou este xoves, día 15 de decembro, e culminará o vindeiro 12 de xaneiro. Será ese 12 de xaneiro, cando se celebre a Asemblea Local


Laura Moure/Lalín

O BNG de Lalín abre un proceso participativo para escoller candidato ou candidata para as vindeiras eleccións municipais. Este proceso, aberto á militancia e simpatizantes, arrancou este xoves, día 15 de decembro, e culminará o vindeiro 12 de xaneiro. Será ese 12 de xaneiro, cando se celebre a Asemblea Local, máximo órgano da formación nacionalista, e na que están integrados o conxunto da militancia e simpatizantes, para escoller candidato ou candidata, e onde se poderán presentar as candidaturas que se desexen por parte de calquera dos seus membros.

Lucía Noguerol (Consello local), Manuel Carbón (Responsable Local) e Antía Pavón (Viceresponsable Local).

Dende o Consello Local preténdese que este proceso sexa aberto e participativo, reflexando a dinámica coa que traballou o Consello Local dende que comezou este mandato hai tres anos e medio. O balance destes tres anos e medio non pode ser máis positivo en palabras do seu Responsable Local Manuel Carbón. Apunta o nacionalista que se logrou situar ao BNG de Lalín no seu mellor momento histórico, tanto a nivel organizativo e institucional, sumando cada vez máis persoas á organización, cuns niveles de participación nunca antes acadados e liderando unha oposición útil e constructiva para a veciñanza. A parte do notable crecemento en canto a número de afiliados, o BNG de Lalín tamén quere amosar a súa satisfación e gran valoración da labor levada a cabo polo concelleiro Paco Vilariño, que plasmou na súa extensa actividade, todo o traballo realizado polo Consello Local, cunha moi boa aceptación por parte dos lalinenses.


Programa aberto

Desde o BNG sinalan que coa Asemblea Local do 12 de xaneiro, na que se escollerá candidato ou candidata para as vindeiras eleccións municipais, o BNG de Lalín pretende plasmar o inxente traballo realizada ao longo dos últimos anos, nunha candidatura e nun programa feito para gobernar Lalín os vindeiros catro anos. Dito programa, no que o Consello Local xa leva tempo traballando nas súas liñas xerais, está aberto a participación de calquera militante, simpatizante ou veciño de Lalín que queira aportar as súas propostas. Insistiron os nacionalistas na idea de que o programa está aberto á participación, e no que desde o Consello Local do BNG de Lalín xa se traballa no desenvolvemento dos puntos básicos do mesmo, nos que se presentan propostas relacionadas con Políticas Sociais, Emprego, Rural, mocidade, igualdade, medioambiente, cultura, etc.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O BNG sinala que “preséntase como a organización política esencial para o futuro dun concello diferente e co obxectivo de transformar a sensación de resignación en esperanza”. Con este fin, presentará aos veciños e veciñas de Lalín "unha proposta política ambiciosa e realista que poña fin a acumulación de problemas que ten a nosa vila, desde os máis pequenos aos de maior envergadura".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page