top of page

O BNG de Lalín fala da "escandalosa débeda municipal de 7.690.506,57 euros"

Paco Vilariño: "É o resultado do uso irresponsable e partidista dos cartos públicos"


Ecos da Comarca/Lalín

O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, indica "que grazas ao traballo do BNG, e diante da negativa sistemática por parte do PP a facer públicos os datos da débeda pública que ten o Concello de Lalín, a cidadanía pode ser coñecedora da gravísima situación económica na que se atopan as arcas municipais do Concello, cunha débeda total de 7.690.506,75€".

Afirman os nacionalistas que este é o resultado "dunha política baseada no derroche máis

irresponsable de recursos públicos e na utilización dos cartos de toda a veciñanza en

beneficio do PP e dos seus amigos, enmarcada como se pode comprobar nos anos de

xeración da débeda, nun uso perverso das arcas municipais para utilizalos en favor do PP como se fixo na anterior campaña das eleccións municipais".


Resultado, apunta o Bloque, "desta gravísima realidade na que nos sumíu o PP a todos os veciños e veciñas é a espectacular suba dos intereses e das amortizacións. A suma do Capítulo III (Intereses) que sobe nunha porcentaxe superior ao 1100% e a do Capítulo IX (Amortizacións) que sobe nun 147%. Concretado en cifras, o Concello de Lalín pagou no

ano 2023 a cantidade de 25.124,12€ en concepto de intereses pagados por operacións de crédito, pasando no seguinte ano 2024, a pagar a cifra de 370.135,15€, datos que

reflicten ás claras a cantidade obscena que nos dous últimos anos (2023 e 2024) a

veciñanza de Lalín pagou aos bancos en xuros e amortizacións: nen máis nen menos que

395.259,27€, afirma o voceiro nacionalista".

Datos proporcionados polo BNG DE LALÍN.
Datos proporcionados polo BNG DE LALÍN.

Vilariño tamén devela que hai dúas semanas o Concello de Lalín "amortizou íntegro, con

cargo a parte dos remanentes de tesourería, os dous cretos que tiña coa ABANCA (datos

que reflicte o cadro financieiro anterior) e 25.454,38€ do creto correspondente a Caixabank".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Apuntan desde a fronte nacionalista que a sociedade "está sufrindo as nefastas políticas

económicas do PP diante desta situación de endebedamento. Por un lado, soben dun

xeito exponencial os impostos, taxas e prezos públicos á cidadanía: o IBI nun 25%,

recuperan o imposto de Plusvalías e tamén o do ICIO, soben a auga, lixo, terrazas, etc.

Vilariño fai fincapé que estas decisións de aumentar a presión fiscal dun xeiro exponencial

o que está supoñendo é restarlle capacidade á economía familiar dos nosos veciños e

veciñas". Mais se isto non fose pouco para os nacionalistas, critican que por outro lado, "venden o patrimonio público para pagar así unha parte dos seus proxectos faraónicos como é a Gran Praza".


Clara mostra que existe para o BNG outro xeito radicalmente oposto ao do PP de

gobernar, lembra Vilariño, "que cando deixaron o Goberno, non só sanearon as arcas

municipais da mala situación na que as atoparon, senón, que deixaron a débeda a 0 e

máis de 6 millóns en caixa". Para o BNG é inaudito que diante desta situación “de coma financieiro”, o Goberno municipal "teña a desfachatez de aumentarse exponencialmente os seus xa elevadísimos salarios, supoñendo un importe anual de 649.589€, o que amosa unha falta de sensibilidade absoluta cos enormes problemas económicos que está pasando a maioría da cidadanía e que supón ter un goberno que nos vai costar a todos os veciños a frioleira de máis de 4 millóns de euros neste mandato".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Destaca o BNG, que "partindo do relatado anteriormente, resulta máis doloroso aínda ver a

destacada baixada das partidas para gasto social, entidades sen ánimo de lucro, clubes

deportivos, asociacións, etc, iso si, os chiringuitos dos seus amigos seguen intactos", afirma Vilariño.


Para rematar sinala Vilariño, "que tendo unha débeda tan desorbitada como é 7.690.506,57€, pídelle ao PP que sexa responsable e realista cos cartos que son de todos e todas as veciñas e reflexione cara onde nos levan, polo que lle esixe un cambio radical

á hora de xestionar os recursos públicos baseado na transparencia, no interés xeral e onde a xente sexa o prioritario".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page