top of page

O BNG de Lalín exixe un plan integral de avaliación e arranxos das beirarrúas

26 mar
2 min de lectura

Mari Fernández critica que o goberno do PP “mire para outro lado mentres veciñas e veciños tropezan e caen nas rúas”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín vén de recoller as queixas "de varias veciñas e veciños accidentados nas beirarrúas do noso concello polo mal estado e a falta de mantemento e a máis mínima prevención por parte do goberno municipal do PP". A responsable local, Mari Fernández Sanmartín, recolleu de primeira man as queixas de varias veciñas "que nos últimos meses sufriron contratempos, caídas e accidentes nas beirarrúas do casco urbano froito das fochancas, os desniveis e o descoido co que o goberno local trata o coidado, acondicionamento e mantemento das escasas vías humanizadas e peonís coas que conta o noso concello sen modelo urbanístico humanizado grazas á xestión do urbanismo municipal que practica o PP no goberno de Lalín”.

Desde o BNG “temos advertido dos estragos que os temporais deste inverno teñen producido nas nosas vías peonís e nomeadamente nas beirarrúas durante os pasados

meses”, explica Fernández Sanmartín. Malia estas advertencias e as numerosas queixas

recollidas entre a veciñanza, o BNG critica que o goberno do señor Crespo “sigue a mirar cara outro lado, sen atender algo tan básico como a seguridade viaria e o benestar das veciñas e veciños que cada día transitan polas beirarrúas do noso concello para tarefas básicas da súa vida cotiá”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Sinala Fernández Sanmartín que “ir polo pan en Lalín segundo a rúa por onde pases se ten convertido nun deporte de risco”. Aos danos e o deterioro das infraestruturas provocado polos temporais deste inverno súmase “un desleixo que o PP local arrastra

desde fai anos a respecto do estado das infraestruturas peonís no noso concello”. Diante

desta situación “insostible”, Fernández Sanmartín anuncia que o BNG levará unha

moción ao pleno municipal para “obrigar ao goberno do PP a tomar cartas no asunto e

arranxar dunha vez por todas o que é un clamor das veciñas e veciños”.


Por iso, desde o BNG demandarán “un estudo pormenorizado e sobre o terreo, rúa a rúa,

dos estragos existentes nas beirarrúas de todo o concello e un plan integral que sobre ese

estudo proxecte e orzamente o amaño de todas e cada unha das beirarrúas que a día de hoxe son un perigo e un problema para a veciñanza de Lalín”. Mari Fernández

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Sanmartín demanda do goberno local “un mapeo completo das rúas e o seu estado, unha

actuación que tería que ter feito xa un goberno responsable cunha elevada taxa de

poboación maior que xoga a súa saúde e integridade física cada día ao saír das súas

vivendas”.


“Non imos permitir unha caída máis nas beirarrúas dun concello que orzamenta millóns de euros en obras faraónicas ao tempo que descoida as infraestruturas básicas para a súa veciñanza”, afirma Fernández Sanmartín. Por iso o BNG local vai a “demandar e facer

seguimento estrito dos traballos que ten que desenvolver o concello para analizar as eivas actuais e tamén dos proxectos e investimentos precisos para responder do xeito

máis áxil posible a unha demanda que é un clamor entre a veciñanza e que de persistir pode rematar por converterse nun grave problema de seguridade viaria no noso concello".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page