top of page

O BNG de Lalín esixe solucións á insoportable situación que padecen na rúa Álvaro Cunqueiro

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín presentará unha moción relativa á situación da rúa Álvaro Cunqueiro e a súa contorna. "Desde o BNG de Lalín levamos moito tempo denunciando e esixindo solucións á insoportable situación que están padecendo os veciños e veciñas que residen na rúa Álvaro Cunqueiro e tamén as que están situadas nesa zona. O pasado mes de decembro, a nosa organización política presentou unha moción no pleno municipal, e posteriormente no mes de maio un escrito por rexistro municipal nos que pedíamos a caducidade da licenza do edificio situado na rúa Álvaro Cunqueiro polos problemas que estaba ocasionando a distintos niveis (vivenda, seguridade), obtendo como resultado o voto contrario do PP no pleno e falta de constestación a día de hoxe ao escrito presentado", recalca.


E lamenta que a actuación do goberno municipal "foi e é de total desidia e pasotismo xa que sempre amosou que lle interesou máis poñerse de parte da SAREB para evitar que estes activos, como pedimos desde o BNG, se puxeran ao servizo do interese xeral do conxunto da cidadanía".

O edificio de vivendas situado na rúa Álvaro Cunqueiro, propiedade da SAREB en máis do 90% (sociedade estatal xestionada polo Ministerio de Economía do Goberno do Estado), permanece inacabado e ocupado, nun estado que o BNG cualifica de lamentable. "Esta situación promove inseguridade e conflitos no barrio, ao tempo que desaproveita un recurso público que podería axudar a aliviar en parte a falta de vivenda pública en réxime de aluguer en Lalín".


"O goberno de Lalín ven sendo xustamente denunciado pola propia veciñanza residente nesa zona pola súa total falta de limpeza urbana e mantemento das rúas e zonas verdes, o que agrava a imaxe de abandono do espazo público e acarrea constantes perxuízos aos veciños e veciñas que están fartos de convivir con suciedade de todo tipo, nuns casos incluso perigosa para a integridade das persoas ao ser constantes a existencia incluso de

cristais, ferros, etc., convertindo aos residentes en veciños de terceira categoría cando o máis grave é que o Concello ten a desfachatez de cobrarlles puntualmente por un servizo

que non lle presta".


En Lalín, apunta o Bloque, "existe unha crise habitacional moi grave", que ao entender do BNG e, "coa falta de seguridade, un dos principais problemas que temos no noso Concello, e que estamos cansados de presentar infinidade de iniciativas para que se aborde dun xeito imediato para evitar así que sexa imposible atopar unha vivenda digna en alugueiro en Lalín, o que desde logo, estase a converter a maiores no maior impedimento para poder manter a categoría de 20.000 habitantes".


Diante desta realidade, "os principais activos que tivo a SAREB na nosa vila (un deles na rúa Álvaro Cunqueiro) poderían ter achegado preto de cen vivendas en réxime de aluguer, que ao noso entender é a maior necesidade que precisa a cidadanía, ao parque inmobiliario se a súa xestión fose baseada no interés xeral. Mais a indecente realidade é

que a SAREB está a utilizar estes activos para especular no mercado inmobiliario, vendendo de xeito escalonado as vivendas finalizadas noutras zonas, co obxectivo de

manter altos e incluso subir os prezos, para así sacar maior plusvalía posible, tensionando

aínda máis o prezo inasumible para a gran maioría de cidadáns da vivenda en Lalín. Este

feito, é oposto totalmente á teórica finalidade social desta entidade debido a que a

realidade é a contraria, a SAREB está utilizando eses activos para especular. Desde o

BNG esiximos que poña o foco no aproveitamento público das vivendas e terreos dos que

é titular, en lugar de destinar ditos inmobles a ser poxados a fondos de investimento

inmobiliario, evidentemente pouco preocupados polo interese público".


Por todo iso, o Grupo Municipal do BNG en Lalín lembra que estas deficiencias urbanas e habitacionais están ligadas aos problemas xerais que padece Lalín: "a falta de seguridade

cidadá, a carencia de vivenda asequible e a deixadez do goberno municipal". Tal como

sinalaba o BNG, "hai tempo que denunciamos, e sobre todo, pedimos solucións, á grave

situación que ten o noso Concello en materia de vivenda. Ademais, tendo en conta que a

SAREB é unha entidade maioritariamente do Estado con mandato de xestionar socialmente os seus activos, o BNG propón que estes se cedan gratuitamente ás

administracións públicas galegas para rematar as obras e destinalos a vivenda en réxime

de aluguer social".


Tampouco, subliña, "podemos esquecer que o vial que permanece pechado, a diferenza do que este goberno quere transmitir á sociedade, non ten porqué esperar a solucionar rematar a edificación, proba disto é que levan anos facendo o paripé de modificar o Proxecto de Urbanización, mais a realidade é que aínda está en trámite. A causa desta tardanza débese a que a modificación prevista baseouse en todo momento en abaratar custes, eliminando e/ou modificando elementos da urbanización prevista no actual proxecto de urbanización: supresión da construción dunha rotonda no entronque da rúa Álvaro Cunqueiro coa rúa do Rodo, modificación do enlace da rúa Álvaro Cunqueiro coa rolda Leste para evitar a voladura ou retirada dunha gran roca, supresión de sendeiros peonís, escaleiras e algún outro elemento previsto no que ía ser un parque público".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Todas estas modificacións, explican os nacionalistas, "teñen por obxecto abaratar custes para rematar a urbanización. Porque estes custes telos que afrontar a familia que son os propietarios dos terreos da área de reparto, eles seguen sendo os obrigados a rematar a urbanización, mais unha vez o PP está beneficiando aos seus amigos. O problema é que a urbanización nunca foi rematada. Non obstante, hai moitos anos, o concello recepcionou parcialmente as obras de urbanización e deu licenza ao edificio A Mina, sendo cando os veciños e veciñas entraron nas súas vivendas. O principal problema de non ter rematada a urbanización e da deficiente execución das obras realizadas polo promotor é que non deron unha solución axeitada a un curso de auga natural que existía con anterioridade (é a famosa mina que dá nome ao edificio). Cunhas obras de urbanización rematadas e ben feitas, debería terse canalizada esa mina dun xeito estanco. Pero, como non se fixo, dende un primeiro momento, a auga anegou os baixos do edificio A Mina e do edificio que quedou en estrutura sen rematar. Os veciños levan moitísimos anos reclamando unha solución. Porque, efectivamente, o responsable é o Concello, cando menos, por ter recepcionada unha parte das obras de urbanización mal feitas por iso, entra a auga no edificio habitado".


E recalca que a realidade "é que o muro realizado non se axusta ao previsto no proxecto de urbanización. Ante a falta de solucións polo concello, tras moitos anos padecendo os problemas, os veciños acabaron por acudir aos tribunais. O xulgado estimou parcialmente a súa demanda e condenou ao Concello a tramitar procedemento para obrigar á promotora (que afundiu) ou subsidiariamente aos propietarios dos terreos: “...para que se adecúe el muro de contención a las características técnicas exactas previstas en el proyecto de urbanización refundido del ámbito (altura máxima 2,80 metros)…”. E agora,

sendo firme a sentenza (que chegou ata o TSXG), ao Concello non se lle ocorreu outra cousa que tramitar e aprobar un novo “Proxecto de Urbanización Modificado” e solicitar ao

xulgado que non sexa executada a sentenza. Este novo proxecto de urbanización deixa o

muro practicamente, como está. Non modifica a altura existente. Limítase ás seguintes

obras no muro: - Eliminación de los materiales de recheo existentes, - Execución dunha

capa de zahorra artificial dun espesor de 40cm, - Creación de una canaleta ou cuneta de

recollida de augas na cabeza do muro para evitar filtracións. É evidente que os veciños e

veciñas pensen que con estas obras, non van quedar solucionados os problemas da entrada de auga. A realidade, é que todo isto se fai para evitar gastos, beneficiando á

familia propietaria dos terreos, en prexuízo da veciñanza".


"A constatación do anterior prodúcese en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local

de 28/04/2023, na que rexeitaron as alegacións dos veciños e veciñas, aprobaron

definitivamente o Proxecto de Urbanización Modificado e acordaron que “se proceda a

presentacion dun incidente de non execución nos seus propios termos da sentencia”.

Todo xa, no mesmo acordo. O día 02/05/2023 (primeiro día hábil tras a sesión da XGL), o

concello presentou no xulgado a demanda solicitando a inexecución da sentenza".


Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG insta ao Pleno de Lalín á

adopción do seguinte


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

ACORDO:


1. Instar ao Goberno do Estado, a través do Ministerio de Economía, a que esixa á SAREB a cesión gratuíta do edificio de vivendas da rúa Álvaro Cunqueiro á Xunta de Galicia, co fin de rematar as obras pendentes e destinar as vivendas resultantes a un parque público de aluguer.

2.- Instar ao Goberno municipal e á Subdelegación do Goberno a manter con carácter urxente unha reunión para abordar os problemas de inseguridade existentes nesta zona,

e no resto do Concello, para adoptar as medidas necesarias para rematar con ela.

3. Instar ao Goberno do Concello de Lalín a adoptar medidas de mantemento urbano:

reforzar a limpeza viaria, iluminación, desbrozar as zonas verdes, e realizar todo o

necesario para mellorar a calidade de vida na contorna da rúa Álvaro Cunqueiro e áreas

próximas.

4. Axilizar a tramitación para a apertura do vial que conecta coa Rolda Leste.

5. Retirar o acordo e recurso da Xunta de Goberno Local de non execución da setenza

favorable aos veciños e veciñas.

6. Manifestar o apoio e solidariedade do Pleno do Concello de Lalín coas demandas

veciñais sobre estes temas, e comprometerse a colaborar cos residentes no deseño de

medidas de prevención de inseguridade e mellora do barrio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page