top of page

O BNG de Lalín esixe que se lle devolvan os cartos e non se lle cobre aos abonados do párking Europa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Esta situación de abandono e falta de rotación fai que non se cumpra o obxectivo de incentivar o comercio e hostalería, así como un serio agravio respecto aos seus aboados"


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín sinala que xa pasou un mes desde que denunciara que desde había varias semanas o párking Europa non contaba con ningún tipo de control de uso nin de

cobro do mesmo ao estar a máquina que se encarga de cobrar “fóra de servizo” e sen persoal que xestione dita instalación municipal.


Pasados meses, sinala a organización nacionalista, "que o PP lonxe de solucionar o problema o que está facendo é que son cada vez sexan máis as persoas que deixan alí estacionado o seu coche varios días ao ser coñecedores da situación de descontrol e impunidade existente".

Lembra o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, que o 1 de outubro de 2022 entrou en vigor a ordenanza que permite estacionar gratis no párking Europa durante 24 horas seguidas como máximo. Unha decisión que foi ao pleno de xullo dese mesmo ano, e no que se aprobaron cuestións como que a partir desas 24 horas hai que retirar o vehículo ou expoñerse a aboar a cantidade de 20 euros cada 24 horas que pase dentro.


"Un feito especialmente grave, xa que o problema é dobre: por un lado non se logra co obxectivo desexado, e por outro imcúmprese unha ordenanza de obrigatorio cumprimento incurrindo o PP nunha clara responsabilidade política debido a que as ordenanzas municipais trátanse dos termos que expresan unha mesma realidade xurídica ao ser normas de natureza reglamentaria elaboradas polo Pleno do Concello", recalca o Bloque-.


"Diante deste situación de desidia e pasotismo por parte do PP", o voceiro nacionalista, solicita que "mentras non se volvan poñer os mecanismos necesarios para poñer fin a esta situación bochornosa, o Goberno municipal proceda a devolverlle os cartos pagados aos aboados do mesmo e a non cobrarlle novas mensualidades no tempo que dure dita situación". Lembra Vilariño que xa foi o goberno de coalición que non só recuperou dita infraestrutura para a cidadanía e a fixo pública, senón que xa establecera a súa gratuidade en horario comercial. Para os nacionalistas non é mala a decisión telo gratuíto 24 horas seguidas, mais como advertiron na súa tramitación o éxito da medida dependería da seriedade o boa xestión que se fixera do mesmo por parte do goberno municipal.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o BNG denuncian "que sen ningún tipo de control este párking, e como teñen advertido en numerosas ocasións, estase convertindo nun cemiterio de vehículos ao non existir rotación nas prazas e que polo tanto, non cumpra o obxectivo marcado. Unha realidade que como apuntan varios veciños que se dirixiron ao BNG agrávese aínda máis ao retirar o goberno municipal o persoal que atendía o mesmo, producindo unha sensación de desinformación, falta de control e caos entre os usuarios e usuarias".


A maiores, apunta o seu voceiro municipal, que se está creando unha gravísima situación de agravio con respecto aos seus aboados. "Lembra que se reservou, nun principio, o 20% das súas 376 prazas para os aboados que pagan ao Concello 30 euros mensuais polo aluguer das mesmas. Na práctica son máis de 130 aboados que ven como están pagando mentras outros usuarios desfrutan das mesmas condicións de xeito gratuíto". Vilariño volve a esíxirlle ao goberno que dun xeito imediato lle poña solución e adianta que no pleno municipal do vindeiro venres pedirá explicacións e responsabilidades políticas ao PP ante o que califica "dunha nefasta xestión por incapacidade e desidia".


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page