top of page

O BNG de Lalín esíxelle á Xunta que os maiores sexan vacinados no Centro de Saúde de Lalín

"É evidente o enorme perxuízo económico e tamén laboral que lle supón ás familias ter que pedir as horas no seu traballo, opción esta que moi pocos traballadores se poden permitir", apunta o voceiro nacionalista, Francisco Vilariño


Ecos da Comarca/Lalín

Desde o BNG de Lalín fanse eco das numerosas queixas e da indignación que lle transmitiron numerosos veciños ao longo destos últimos días debido a que están recibindo citacións a través de mensaxe de teléfono móbil, a poboación inferior a 80 anos (entre 65 e 79 anos), para vacinarse de Covid e da gripe na Cidade da Cultura. Unha vez rematada a fase de vacinación nas residencias e no centro de saúde para maiores de 80 anos, desde o pasado xoves volveu a obriga de ir ao “vacunódromo” en Compostela.

Lembrar que en Lalín, según os datos do SERGAS, a poboación vacinada con alomenos unha dose é do 92,6%, chegando a supoñer o 90% a poboación con pauta completa. Ao entender dos nacionalistas "é un auténtico despropósito e unha tomadura de pelo que a xente máis dependente, e a que máis dificultades ten para desprazarse sexa obrigada a ir á capital de Galiza para vacinarse. Obviamente isto supón unha sobrecarga ás familias

que teñan que acompañar aos seus maiores, en moitos casos non só chegando unha

persoa debido ao grado de dependencia que teña para podelos desprazar, e este suposto anterior, sempre e cando estas persoas maiores poidan contar con familiares que os

poidan trasladar, existindo moitos casos nos que se verán obrigados a gastar en coller un

taxi".


Publicidade

Ao mesmo tempo, sinala que "é evidente o enorme perxuízo económico e tamén laboral que lle supón ás familias ter que pedir as horas no seu traballo, opción esta que moi pocos

traballadores se poden permitir", apunta o voceiro nacionalista, Francisco Vilariño. "Mais o problema non remata aí, é tal a desorganización e falta de empatía que o SERGAS amosa cos nosos veciños que se permite a desfachatez de citar en horas e días distintos aos cónxuxes, feito este que non ten defensa posible e que multiplica o problema".


Vilariño apunta “que non chegando co anteriormente exposto son citados incluso en horarios tan lesivos como son ao pasar das 20:00 horas horas como xa poidemos comprobar en varios casos”.


Publicidade

O voceiro do BNG, amosa a súa maior repulsa a esta situación debido a que este

despropósito vai condenar aos nosos maiores a estar facendo colas, de pé, e cunhas

condicións meteorolóxicas nada recomendables para a súa saúde pola época estacional

na que estamos. “É unha decisión inhumana por parte de quen ten a responsabilidade de

velar pola saúde da cidadanía”.


Publicidade

Desde o BNG esixen á Xunta de Galiza que inmediatamente poñan fin a este

despropósito e abuso, poñendo como solución que sería moito máis doado, menos gravoso e de sentido común nunha administración responsable e que se preocupara da

saúde da xente trasladar un equipo de sanitarios ao Centro de Saúde en vez de obrigar a

toda a poboación a trasladarse a Santiago.


Vilariño califica a decisión da Xunta como "unha medida de aforro en contra da na nosa

veciñanza maior", e esíxelle ao Alcalde que medie para evitar esos desprazamentos,

aforrando así ás familias problemas e gastos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page