O BNG de Lalín denuncia que o goberno local segue sen convocar a mesa de seguimento do SAF
- ecosdacomarca
- 5 jun
- 4 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín denuncia que o goberno municipal segue sen convocar a Mesa de Seguimento do SAF que solicitou por rexistro o pasado 1 de maio, informando que a día de hoxe, non teñen ningunha noticia sobre a celebración da mesma. Para o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, esta situación evidencia "o desinteres do PP por sentarse a negociar coas partes implicadas melloras no prego de licitación que se aprobou o pasado mes de abril e no que o BNG foi a única organización política que votou en contra",
A organización nacionalista expresa o seu temor fundado "a que o PP non teña o máis mínimo compromiso político de evitar que se produza un pelotazo que vai facer millonaria á empresa adxudicataria, empobrecendo o servizo para a xente usuaria e para as traballadoras que o desenvolven, xa que o prazo de exposición pública remataba o vindeiro 10 de xuño, e foi ampliado variando as propias bases, até o 17 do presente mes", feito este, afirma Vilariño, "que xenera aínda máis dúbidas sobre o propio proceso e que
amosa ás claras que para favorecer ás empresas faise noto o necesario e máis, e para as
traballadoras e xente usuaria do servizo non teñen o máis mínimo tempo para sentarse a dialogar".

Lembra Vilariño que o BNG xa ten levado a cabo nos últimos anos numerosas iniciativas públicas, tanto no Concello de Lalín, coma noutros ámbitos, para reclamar algo tan básico
para estas traballadoras do SAF coma son os seus dereitos laborais e garantir á
cidadanía este dereito social. No Pleno municipal do pasado mes de abril aprobouse cos votos a favor do PP e as abstencións de CXL e PSOE o expediente de contratación de
“Servizos de atención domiciliaria do Concello de Lalín: Servizo de Axuda no Fogar”, "no
que ao noso entender lamentablemente quedou en evidencia que un dos sevizos
municipais máis importantes que xestiona o Concello de Lalín, tanto pola súa cuantía
coma especialmente polas persoas ás que vai dirixido, vai supoñer un auténtico pelotazo
para a empresa adxudicataria en contraposición da carencia absoluta de mellor cobertura
por parte das mulleres que traballan no mesmo e tamén das persoas demandantes. É
evidente que a empresa adxudicataria do servizo vaise facer de ouro e as consecuencias
deste nefasto prego vainas pagar o lombo das auxiliares que sofren unha enorme
precariedade, e as persoas usuarias".
Denuncian desde o BNG que "foi un proceso de licitación baseado na total falta de diálogo
sinceiro coas representes das traballadoras respecto das súas lexítimas e xustas demandas, deixando que primara en exclusiva as melloras do prego no aspecto empresariais, e o que é máis grave, diante dunha posición responsable e constructiva por
parte das traballadoras e do propio BNG para chegar a un acordo nos meses previos á celebración do Pleno". Para Vilariño o único que demostrou o PP "é que enganaron ás
traballadoras remitíndoas a un suposto acordo para despois saltou polos aires sen nengún tipo de explicación e con total oscurantismo".
Para o BNG resulta fundamental, tal e como pediron no pasado pleno de abril, incluír nos propios pregos condicións que garantan o bo funcionamento de dito servizo para os vindeiros catro anos para os que se vai adxudicar, evitando así no futuro todo tipo de conflitividade e problemas no servizo que se traduzan en mellora do servizo para os
usuarios e as súas familias así como para as traballadoras.
Vilariño destaca que están falando de cuestións que non requiren nalgúns casos ningún incremento do gasto, tan só ter a vontade política de mellora de servizo e condicións, "e noutros un aumento ridículo para a cuantía que estamos falando: 2.205.802,14€ anuais, cun valor estimado do contrato de 9.332.239,84€, incluso contando coa posibilidade de modificar o contrato até un máximo do 10% do prezo anual do contrato".
Inciden desde o BNG que afectaría a modificacións que só repercutirían na mellora do servizo ás persoas usuarias "como sería a modificación do horario de comezo e que evidentemente permitiría unha mínima conciliación ás traballadoras, lembrar que se
estipula que o horario é de 8:30 a 21:30 horas, que amosa ao mesmo tempo unha clara
ilegalidade por non contemplar as 12 horas de descanso obrigatorias, incluso véndose superadas as 37,5 horas semanais ao constar que os festivos e domingos a xornada
laboral é de 8 horas, polo que o prego incumpre clarisimamente o Estatuto das Traballadoras".
No caso do quilometraxe afirma o seu voceiro municipal que se produce "unha situación de desprezo absoluto ás traballadoras debido a que a tabla salarial fixa que como mínimo que o quilometraxe tense que pagar a 0,24€ e non aos 0,23 que fixa o prego". Este non é
un tema menor, asegura Vilariño, debido a que para as traballadoras que realizan as súas funcións no rural "podemos valorar unha diferenza en máis de 200€ mensuais, realidade
esta que choca frontalmente coa de Concellos como Silleda ou Vila de Cruces onde se lle
paga o quilómetro a 0,26€. Máis difícil incluso de entender resulta que o Concello de Lalín
pague a quilometraxe do seu persoal a 0,26€ e que a estas traballadoras que na realidade
fan, a todas luces, un servizo público se lle pague a 0,23€, incluso por debaixo do prezo
legal".
Tamén consideran que é de pura lóxica que o servizo ten que reorganizarse por proximidade, unha zonificación que beneficiaría ás traballadoras pero tamén á propia
empresa en termos de eficiencia do seu servizo.
Publicidade
Outro aspecto importante no que incide Vilariño é a dignificación da labor das traballadoras no referente a fixar claramente cales son as súas tarefas para así non ter
asignadas labores impropias que o mesmo prego abre a posibilidade de realizar e que
insisten que non lle corresponden.
De especial importancia resulta tamén "o retraso co que o Concello de Lalín asigna novos
usuarios, situación esta, que propicia un perxuízo moi importante para os e as
demandantes pola conseguinte tardanza e desatención no servizo de novos usuarios e
usuarias que o precisan, con carácter urxente, e que ven como acumulan moito tempo de
garda incompresiblemente". Lembran que xa teñen denunciado en varias ocasións casos
de persoas demandantes que falecen antes de ter adxudicado o servizo ou situacións que levaron a denunciar diante da Valedora do Pobo tardanzas superiores de 2 anos sen opter
a máis mínima resposta ou información por parte do Concello de Lalín.
Remata Vilariño solicitando o incremento da xornada de traballo ao 100% das traballadoras como unha das medidas fundamentais a adoptar para evitar situacións
dramáticas como as relatadas anteriormente.
Comments