top of page

O BNG de Lalín denuncia que "non existe ningunha forma de cobro e control do parking Europa"

"Este abandono repercute moi negativamente no obxectivo de incentivar o comercio e hostalería, así como un serio agravio respecto aos seus aboados", sinala


Ecos da Comarca/Lalín

Desde o BNG de Lalín, denuncian que desde hai varias semanas o parking Europa non conta con ningún tipo de control de uso nen de cobro do mesmo ao estar a máquina que se encarga de cobrar “fóra de servizo”. Lembra o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, que o 1 de outubro de 2022 entrou en vigor a ordenanza que permite estacionar gratis no parking Europa durante 24 horas seguidas como máximo. Unha decisión que foi ao pleno de xullo dese mesmo ano, e no que se aprobaron cuestións como que a partir desas 24 horas hai que retirar o vehículo ou expoñerse a aboar a cantidade de 20 euros cada 24 horas que pase dentro.


Lembra Vilariño que xa foi o goberno de coalición que non só recuperou dita infraestructura para a cidadanía e a fixo pública, senón que xa establecera a súa gratuidade en horario comercial. Para os nacionalistas non é mala a decisión telo gratuíto 24 horas seguidas, mais como advertiron na súa tramitación o éxito da medida dependería da seriedade o boa xestión que se fixera do mesmo por parte do goberno municipal.

Afirma Vilariño, que máis unha vez, "non se equivocaron cando amosaron a súa falta de confianza e bo facer por parte do PP de Lalín, e que o tempo desgraciadamente volve a darlles a razón". Lembra que o que naceu para ser unha medida de especial importancia para dinamizar a localidade e favorecer o acceso ao comercio e hostalería na realidade está tendo o efecto contrario.


Desde o BNG denuncian que "sen ningún tipo de control este parking, e como teñen advertido en numerosas ocasións, estase convertindo nun cemiterio de vehículos ao non existir rotación nas prazas e que polo tanto, non cumpra o obxectivo marcado. Unha realidade que como apuntan varios veciños que se dirixiron ao BNG agrávese aínda máis ao retirar o goberno municipal o persoal que atendía o mesmo, producindo unha sensación de desinformación e caos entre os usuarios".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A maiores, apunta o seu voceiro municipal, "que se está creando unha gravísima situación de agravio con respecto aos seus aboados". Lembra que se reservou, nun principio, o 20% das súas 376 prazas para os aboados que pagan ao Concello 30 euros mensuais polo aluguer das mesmas. "Na práctica son máis de 130 aboados que ven como están pagando mentras outros usuarios desfrutan das mesmas condicións de xeito gratuíto".


Vilariño esíxelle ao goberno que dun xeito imediato lle poña solución e adianta que no vindeiro pleno municpal pedirá explicacións e responsabilidades políticas ante o que califica "dunha nefasta xestión por incapacidade e desidia".

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page