O BNG de Lalín denuncia o novo horario reducido do museo municipal Ramón María Aller
- ecosdacomarca
- 30 jun
- 2 Min. de lectura
Mari Fernández: “Amosa a pouca importancia que outorga o goberno municipal á cultura e a esta instalación que debería ser un referente”
Ecos da Comarca/Lalín
Desde o BNG de Lalín denuncian a situación que nos últimos días, o Concello de Lalín anunciaba facendo público o novo horario do museo “Ramón María Aller”. A partir de agora, esta instalación municipal abrirá, unicamente, de martes a sábado durante cinco horas e media ao día. Á redución de horario, súmase o peche do museo durante os domingos e luns. A responsabele local do BNG, Mari Fernández, destacou que a meirande parte dos museos non abren as súas portas os luns porque poden ser visitados tanto en sábado coma en domingo, facilitando así que os turistas poidan coñecer o patrimonio cultural da zona visitada.

A fronte nacionalista defende que Lalín necesita diversificar a súa oferta turística, máis alá de todo o relacionado coa Feira do Cocido, e contar cun museo municipal, situado en pleno casco urbano e aberto as fins de semana, "constituiría un atractivo importante para a
potenciación do noso sector cultural e turístico".
Mari Fernández solicita a ampliación do horario entre semana e a apertura do museo,
tanto sábados coma domingos diante do que tilda dunha medida "sen sentido e que se vai
traducir en perder servizos e oferta cultural para Lalín".
Publicidade
O BNG de Lalín tamén denuncia "a situación de precariedade de persoal que ven
sufrindo o Museo Municipal desde hai anos". Destacan os nacionalistas que en breve, xubilarase a técnica de Cultura que leva prestando os seus servizos no museo dende hai varias décadas, ao mesmo tempo quelembran que o outro técnico de Cultura que se atopaba nesa mesma situación xa se xubilou hai un par de anos e non foi ata un ano despois, en xuño de 2024, que o gobernomunicipal do PP convocou un proceso selectivo para a provisión deste posto de traballo vacante, mediante un contrato de interinidade. "Este proceso non rematou ata marzo de 2025, coa contratación dunha traballadora que está a cubrir ese posto de traballo de xeito interino".
Publicidade
Considera o BNG que tardar dous anos na cobertura dese posto de traballo e facelo dun
xeito interino amosa, "unha vez máis, a pouca importancia que o goberno municipal do PP
concede á cultura e á potenciación dos recursos turísticos de Lalín e o desinterese que manifesta en dotar ao Museo Municipal dos medios persoais e profesionais necesarios para o seu correcto funcionamento".
Para o BNG "o despropósito respecto á xestión desta estratéxica e clave instalación
municipal é total", denuncian os nacionalistas, consiste en que "esa nova técnica de cultura, recentemente contratada, non presta os seus servizos no museo, senón que traballa nos Servizos Económicos municipais, quedando o museo municipal sen o persoal técniconecesario para garantir o seu correcto funcionamento".
Comments