top of page

O BNG de Lalín denuncia o colapso na atención municipal pola limpeza de fincas

Paco Vilariño: “Esiximos ao goberno que dote de medios axeitados estes servizos públicos”


Ecos da Comarca/Agolada

O Bloque Nacionalista Galego de Lalín denuncia "a situación de colapso que nestes días está a padecer a Oficina Agraria municipal e o Punto de Información Catastral a causa da incapacidade e da falta de previsión do goberno local á hora de atender os requerimentos

para limpeza de fincas enviados polo Seaga".

Nas últimas semanas, explica, a Xunta de Galiza remitiu máis de 7.000 requirimentos a propietarios e propietarias de fincas para que acometan a súa limpeza e cumprir coa Lei de Montes de Galicia, en vigor desde setembro de 2012. "Porén, o executivo municipal decidiu lembrar agora estas obrigas, só despois de que o noso país sufrise unha das maiores vagas de lumes da súa historia recente", cuestiona o Bloque.


O seu voceiro municipal, Paco Vilariño, denuncia que este envío masivo denotificacións está a provocar que centos de veciños e veciñas se acheguen á Oficina Agraria para solicitar información sobre as medidas a adoptar e, en moitos casos, ao Punto de Información Catastral para poder identificar con exactitude as súas fincas. "A consecuencia é un colapso total do servizo, con longas colas á entrada e graves molestias para a cidadanía".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o BNG de Lalín destacan que, "de terse realizado unha vixilancia continua e un traballo serio ao longo do tempo, o Concello podería ter evitado tanto esta situación de saturación como o elevado risco de incendios ao que estivemos expostos. O que hoxe se está a vivir é froito directo da improvisación e da falta de planificación da Xunta e Concello que deriva nunha nefasta atención".


O BNG de Lalín esixe ao Concello que dote de medios axeitados estes servizos públicos e que asuma de maneira responsable as súas competencias, "para garantir unha atención digna á veciñanza e para que a xestión forestal e territorial se realice con rigor e continuidade, non a golpe de improvisación e desgoberno".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page