top of page

O BNG de Lalín denuncia o atraco que supón a suba do IBI

Paco Vilariño acusa a Crespo “de mentir en campaña e que os lalinenses paguen o despilfarro da súa pésima xestión”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín denuncia o atraco que supón para os petos da cidadanía a suba do IBI que o goberno municipal do PP aprobou no pleno do 27 de outubro do 2023. O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, lembra que o BNG xa se “opuxo frontalmente” a este “novo saqueo” que se plasma nesta datas coa chegada das cartas de pago que comezan a chegar aos veciños e veciñas.


Sinala Vilariño que estes días son moitos os lalinenses que lle expresaron o seu asombro e malestar cando ven o aumento exponencial do IBI das súas propiedades. Lembra que é agora cando a cidadanía se vai dar conta de como e para quen goberna o PP, xa que o

periodo de cobranza deste imposto iniciouse o 29 de xullo e remata o 7 de novembro.

O Consistorio de Lalín. Autor: Ecos da Comarca.

Ao mesmo tempo os nacionalistas tamén apuntan que os recibos domicilados vanse cargar o 3 de outubro, agás os que se acolleran á opción de dous prazos, no que será o

primeiro pago o 14 de agosto e o segundo plazo de pago o 3 outubro. Vilariño afirma que esta suba impositiva que aprobou o PP, baseada en pasar o tipo impositivo do 0,4 ao 0,5 vai traducirse “nun pau a maiores para as economías familiares dos veciños e veciñas”, que xa están a sufrir dificultades económicas evidentes, xa que dito cambio de tipo impositivo vai supoñer, nen máis nen menos, que unha suba lineal a toda a veciñanza do 25%. O BNG considera “unha desvergoña” que o PP de Lalín “non só non toma nin unha soa medida social de apoio ás familias, senón que por riba decide subir impostos para agravar aínda máis as súas economías”.


Paco Vilariño lembra que xa advertiu a raíz do conflito do goberno local cos feirantes das Festas Das Dores, que “semellaba o preludio da intención de subir impostos aos veciños e veciñas, e non nos equivocamos”. Dende o BNG de Lalín “vimos na intención de subir un 300% as taxas aos feirantes un afán recadatorio do goberno do PP que ía continuar nos petos dos lalinenses, e así vai a ser”. Vilariño recorda que xa nese momento “advertímoslle a Crespo que nos íamos opoñer a que volvera a saquear aos veciños e veciñas para pagar os seus despilfarros”.


No primeiro ano de mandato, o novo goberno de Crespo “non fixo máis que enganar á veciñanza”. Paco Vilariño lembra que na campaña electoral “nada dixo o PP de subir os impostos municipais”. Gañadas as eleccións “o primeiro que fixeron foi subirse, aínda

máis, os soldos e manter unha empresa de colocación entre concelleiros e asesores que

nos vai a custar aos veciños e veciñas máis de 2 millóns €”. E agora, Vilariño denuncia que "para pagar estos soldos millonarios o PP mete de novo a man no peto dos lalinenses”, lembrando que non só no IBI, senón que recuperando outros dos impostos que non existían como é o ICIO e as Plusvalías.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo critica o BNG, “o goberno do PP de Lalín pretende facer pagar aos veciños os delirios do alcalde e a súa pésima xestión, logo de convertirse nunha empresa de contratación de amigos e unha inmobiliaria cos cartos de todos os veciños e veciñas”. Afirma o nacionalista que "non pode ser que sexa a veciñanza quen teña que soportar esa

nefasta xestión que nos levou a ter a día de hoxe unha débeda de 11 millóns de €, e

lembra que cando eles deixaron o goberno a débeda era de 0 € e case 6 millóns

quedaron nas arcas municipais".


Vilariño lémbralle ao alcalde que “un goberno responsable fai políticas para mellorar a

calidade de vida e o benestar dos seus veciños, non sube os impostos para afogalos

aínda máis”. Por iso, o BNG recoméndalle ao PP que “baixe os seus salarios millonarios

para aumentar as arcas municipais e non ao revés”.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page