top of page

O BNG de Lalín denuncia a "situación de abandono do Paseo da Romea" e acusa ao PP "de chapuceiros"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Tacha ao presidente da Deputación de Pontevedra de darlle unha solución ao problema ao estilo "Pepe gotera"


Ecos da Comarca/Lalín

Desde o BNG de Lalín fanse eco das numerosas queixas que ao longo de bastante tempo, moitos veciños e veciñas veñen trasladándolle "polo penoso estado no que se atopa o “Paseo da Romea”". Estas queixas, sinalan os nacionalistas, "baséanse no lamentable estado no que se atopan as beirarrúas do mesmo, contando coas lousas rotas e +levantadas en moitos tramos e o firme cimentado irregular e agrietado".


Relatan os nacionalistas que esta "é unha situación que se ven arrastrando no tempo, amosando unha clara deixadez e abandono total por parte da Administración competente, como é a Deputación de Pontevedra". Sinala o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, que non son capaces desde o BNG de saír do seu asombro "cando a solución que aportan ante este estado lamentable é optar por colocar catro sinais ao longo do trazado, nun perfecto castelán, en vez de optar polo sentido común, que obviamente sería que ante a admisión de facto do problema como supón colocar ditas sinais, arranxar o paseo para poñer solución ao mesmo".

Apuntan desde o BNG que este é un paseo moi transitado por moita veciñanza á hora de facer exercicio, máis tamén por estar ubicados no mesmo dous tanatorios e o cimiterio municipal. Lembran os nacionalistas que, o 6 de xullo do pasado ano, tivo lugar a inaguración da ampliación do Cemiterio da Romea Fraga do Alén, "un proxecto millonario, vendido como un referente de punto de encontro veciñal, e a realiadade é que os accesos peonís ao mesmo admiten eles mesmos que son un perigo para a poboación, realidade imposible de entender", di Vilariño.


"Moitas e moitos foron os veciños e veciñas que ao longo dos últimos meses" lle teñen trasladado á organización nacionalistas dito problema, "relatando numerosas caídas". Admiten desde o BNG que desde que a Deputación de Pontevedra colocara hai aproximadamente medio ano estos sinais agardaban que fóse unha medida previa ao seu arranxo, mais a realidade amosa todo o contrario.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Afirma Vilariño que esta medida "non só é o colmo da falta de sentido común e da deixadez máis absoluta, senón que resulta bochornosa xa que non é merecende dunha administración minimamente seria e si propia dun Presidente da Deputación digno de darlle o título nada honroso de “Pepe Gotera”, pola chapuza sen precedentes que isto supón".


Acusan os nacionalistas ao Goberno local "de ser cómplice activo de dita situación",

preguntándose publicamente que diría o PP se isto o fixera o anterior goberno provincial, e esixen que de xeito imediato se inicien os traballos de arranxo integral deste paseo tan

importante para Lalín.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page