top of page

O BNG de Lalín denuncia a paralización das obras do Centro Integrado de Saúde desta localidade

Asegura que leva máis de dúas semanas paralizada a actuación do novo Centro no Alto de Vales


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín destapou este mércores a paralización das obras do Centro Integrado

de Saúde de Lalín "sen previo aviso e sen dar a máis mínima explicación pública dos

motivos polo que isto está acontecendo por parte das distintas administracións (Xunta

de Galiza e Concello de Lalín)".


O BNG afirma que nas dúas últimas semanas non houbo ningún tipo de actividade na

construción do CIS: nin movemento de ningún tipo, nin avance nas obras, nin

obreiros na mesma, etc. Desde o BNG apuntan que o CIS volve a ser noticia, e non

por algo positivo precisamente. "Fai unha semana o BNG de Lalín escandalizábase

polas declaracións do alcalde Xosé Crespo onde falaba da posibilidade de facilitar

vivendas do SAREB para médicos especialistas, debido á suposta negativa dos

mesmos a trasladarse a Lalín para impartir a súa laboura profesional no novo Centro".

Desde o BNG de Lalín advertían da "manobra dos populares para intentar xustificar dun xeito patético que o novo CIS non vai supoñer ningunha mellora en canto á recuperación de especialidades (eliminadas ao longo dos últimos anos pola política de recortes do PP) nin ter unha mellor oferta sanitaria para a nos veciñanza".


O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, lembra que "non podemos esquecer que a construción deste novo Centro, lonxe de ser unha aposta por mellorar as nosa situación sanitaria, é o resultado dunha dramática urxencia por ter un novo centro que reúna unhas condicións dignas debido a que o que temos na actualidade atópase nunha situación lamentable, chegando ao límite de ter o estacionamento pechado ao estar apuntalada toda a parte de atrás do mesmo". Para o nacionalista o CIS non pode quedarse exclusivamente nun cambio de ubicación, ten que ser un edificio adaptado aos novos tempos e onde fundamental prime a dotación de novos servizos e especialidades no mesmo.


O BNG de Lalín pide claridade e transparencia á Xunta de Galiza e ao goberno do Partido Popular de Lalín para que expliquen cal é o verdadeiro motivo da paralización das obras do CIS de Lalín. Os nacionalistas esixen saber se é o resultado como advertía o pasado 15 de xaneiro CXL que podería acontecer unha posible ralentización ou paralización das obras do CIS que se podía producir por mor da suba dos prezos dos materiais de obra que a empresa adxudicataria non estaría disposta a asumir ou se existen outros motivos que xustifiquen esta situación tan lesiva para os intereses de Lalín.


Unha situación que lembran desde o BNG que non se pode esquecer debido a que "esta

dotación sanitaria tan fundamental e irrenunciable para a nosa veciñanza xa tiña que estar rematada a finais do ano 2019 como sinalaba o propio convenio asinado, ao que lle teremos agora que sumar que esta paralización total vai repercutir aínda moito máis na data de finalización desta obra". En palabras do voceiro municipal nacionalista. “esiximos á Xunta de Galiza e ao Goberno de Lalín explicacións urxentes dos motivos desta paralización total das obras, que xestións se están realizando e en canto tempo vai afectar ao remate das mesmas".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page