top of page

O BNG de Lalín denuncia a "falla de médicos no PAC"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Queda desatendido durante horas de xeito recorrente por falla de profesionais", asegura


Ecos da Comarca/Deza

Dende o BNG lalinense denuncian que o servizo do PAC de Lalín, "sufre frecuentemente a falla de médicos, quedando desatendido durante varias horas polas tardes e noites ao ausentarse os sanitarios e sanitarias por mor de urxencias domiciliarias e hospitalarias.

Cualifican desde a organización nacinalistas lalinense este feito de gravísimo” e lembra

que "é urxente tomar medidas porque “estamos a falar de vidas humanas, que non poden depender do factor sorte”.


Sinalan que varios veciños e veciñas puxéronse en contacto esta semana con membros do BNG para alertar da falla de médicos no PAC, co perigo que iso conleva no caso dunha urxencia que chegue alí en horario de tarde ou noite. Nesta semana comunicáronlle a membros do partido nacionalista que sufriron unha total desatención ao atoparse un dos médicos de camiño a Santiago na ambulancia e outro nunha urxencia domiciliaria. Tras agardar con dous menores no PAC, un dos veciños acudiu a unha clínica privada para non ter que achegarse ao CHUS co seu bebé e outro agardou durante horas a chegada dos sanitarios.

O centro de saúde de Lalín. Autor: Páxinas Galegas.

Lembran os nacionalistas que a asistencia urxente é clave para reducir a mortalidade

diante de episodios como ictus, una parada cardiorrespiratoria, un politraumatizado ou un

infarto. Nestos casos os tempos, estimados dependendo da doenza entre 15 minutos a

una hora, son claves para que o paciente poda salvar a súa vida ou non quedar con

graves secuelas.


Apuntan desdeo BNG que “isto xa non é algo puntual, senón usual”. Ao tempo lembran a

importancia que ten o PAC na atención sanitaria da zona, xa que atende a catro

municipios como son Lalín, Agolada, Rodeiro e Dozón cunha poboación elevada, dispersa

e envellecida. Ademais, agás o de Santiago, é o que ten un maior número de usuarios na

área sanitaria cifrándose nunha media ao ano de 20.000 asistencias.


Dende o BNG poñen o obxectivo "na total falla de atención sanitaria que sufren os

lalinenses, aos que xa se lle negou tanto o servizo de pediatría en horario de tarde, coma

a presenza dunha nova ambulancia medicalizada". Apuntan desde do BNG “a unha

situación inadmisible que pon en risco a saúde de todos os veciños e veciñas, que se

atopan desprotexidos ante unha urxencia pola desatención e o desinterés do goberno

lalinense á hora de solicitarlle á Xunta que o servizo se adapte a realidade da nosa vila e,

no caso da pediatría, das vilas limítrofes”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Lembran que hai máis dun ano que se aprobou no pleno municipal unha moción do BNG

para pedir que se completaran os equipos do PAC con, cando menos, un enfermeiro ou

enfermeira máis sen ter resposta a día de hoxe por parte da Xunta. En calquera caso

urxen a tomar medidas “porque, se non, están privando á cidadanía dun servizo

fundamental para que non haxa que trasladarse a Compostela, o que tamén satura no

CHUS as urxencias".


A situación, sinala, "agrávase cando, tras o pleno do pasado venres, o alcalde recoñecía que non sabe canto vai tardar en amañarse o problema do suministro eléctrico no novo CIS, motivo polo cal non está aínda en funcionamento, a pesares de que se comprometeran en que a finais de marzo teriamos as instalacións funcionando, máis de tres anos despois do seu primeiro anuncio de apertura". Dende o bloque insisten en que, "malia que precisabamos dita mellora nas instalacións xa que as outras se abandonaron ata que o estado é perigoso para o seu uso, o que máis se precisa é que se dote de servizos e especialidades ao centro, ao igual que de profesionais, para que casos coma os desta semana non volvan suceder, garantindo unha atención de calidade para todas e todos os veciños".


Para o BNG estas son as consecuencias "dunha nefasta política de recortes en sanidade

do PP, que está condeando á cidadanía de Lalín a non ter una atención pública de

calidade, deixándolle en moitos casos a única saída de verse condeada a ir á privada, se

evidentemente a súa situación económica o pode permitir. Isto non pode seguir así”, conclúen, “non poden seguir xogando coas vidas da veciñanza e non pode pasar un día máis sen que se poñan os medios para que a veciñanza teña unha cobertura de calidade”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page