top of page

O BNG de Lalín demanda o arranxo integral da Ronda Leste

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno unha moción a través da cal demanda o arranxo integral da Ronda Leste porque considera que está "nun estado lamentable".


O BNG solicita o arranxo integral da Ronda Leste "debido ao estado lamentable no que se atopa na actualidade ao longo de todo o seu traxecto. Esta estrada é de gran importancia ao tratarse do vial que máis tráfico soporta dos que conforman a trama urbana xa que funciona como eixe vertebrador".

"Foi o cuatripartito no ano 2016 o que acomentou a última actuación integral deste vial, e desde aquelas os distintos gobernos do PP non fixeron nada para frear o deterioro manifesto no que se atopa, é máis, este goberno municipal mentiu ao anunciar o 9 de abril do pasado ano que ía acometer traballos de acondicionamento para evitar “os transtornos que a día de hoxe somos conscientes que ten”, “pedindo desculpas á cidadanía polo estado desta estrada” e que incluso a financiación “implicaría a outras administracións superiores”, cando a realidade, case un ano despois, é ben distinta empeorando moito máis o estado do mesmo desde dito anuncio".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O plantexamento técnico do trazado, explica o Bloque, "evidencia o deterioro progresivo do vial, agravado polo inverno, ao punto de considerar que está afectando ás capas inferiores do firme, polo que vai rematar co colapso total do mesmo. É unha evidencia o agrietamento xeralizado da capa de rodadura, menor nunhas zonas mentras noutras aparecen moi bacheadas con afección á estabilidade e seguridade dos vehículos. Desde o BNG non podemos permitir que unha infraestructura tan necesaria para Lalín se atope neste inaceptable estado sen que o goberno municipal adopte ningunha medida".


E insiste en que a Ronda Leste "é unha arteria clave para o tráfico da nosa vila, aliviando a circulación no centro urbano e facilitando o acceso a distinta zonas comerciais, sanitarias, industrias, educativas, etc así como a distintas estradas de competencia galega ou estatal".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG insta ao Pleno de Lalín á

adopción do acorde a través do cal o Goberno Muncipal elabore e execute con carácter urxente un proxecto para o arranxo integral da Ronda Leste.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page