top of page

O BNG de Lalín demanda o arranxo do firme da Avenida Xosé Cuiña e da Avenida de Madrid

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno da Corporación Municipal unha moción relativa ao arranxo e solución da situación de "desfeita" do firme da Avenida Xosé Cuiña e Avenida de Madrid.


"De todos as e os veciños é sabido a lamentable situación que presenta o firme da Avenida Xosé Cuiña e Avenida de Madrid que coincide co traxecto que no seu día se fixo como variante ou circunvalación da estrada N-525 para evitar o paso polo "centro histórico" da vila de Lalín dos camións de mercadorías e dos vehículos que atravesan por esta arteria viaria que comunica Compostela e Ourense. A estrada que, con diferenza, tiña máis volume de tráfico e segue a continuar téndoo", incide o partido nacionalista. "Co desenvolvemento urbanístico de Lalín, ao carón desta rúa e na contorna, fixéronse unha cantidade de infraestruturas de comercio, de lecer, parques, zonas recreativas, instalacións deportivas como a piscina e o pavillón, a Casa do Concello con todas os seus departamentos e servizos, oficina de recadación de impostos, para expedir ou renovar o carné de identidade; e tamén, como non ía ser menos, edificios de vivendas".

Recalca que todo isto provoca que sexa moi transitada por un continuo ir e vir de vehículos (lixeiros e pesados) "por un piso que está totalmente en mal estado de conservación e con un mantemento escaso por non dicir totalmente nulo", cuestiona. E manifesta que esta situación "non é recente nin novidosa xa, e que por parte do goberno ,ocal do anterior mandato, se propuxo facer un importante investimento para paliar, na medida do posíbel, toda esta calamitosa situación de esta rúa e variante da N-525, sen poder ser aprobada en sesión de pleno pola correlación de forzas que se produxo, hai que dicilo, por mor de un concelleiro tránsfuga que votaba coa oposición e que, na actualidade, ou daquela oposición é quen ten a responsábilidade de gobernar e xestionar unha solución para este problema".

Por todas as razóns anteriormente expostas, o Bloque Nacionalista Galego propón ao pleno que se dispoña, no menor prazo posíbel de tempo, dun proxecto e dotación orzamentaria para proceder ao arranxo do firme da Avenida de Xosé Cuiña (excluíndo o tramo que comprende a actuación de humanización prevista no EDUSI) e Avenida de Madrid.

0 comentarios

Komentarai


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page