top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Lalín demanda de novo dotar a este concello dunha ambulancia medicalizada

Ecos da Comarca/Lalín

O partido nacionalista de Lalín levará ao vindeiro pleno unha moción a través da que solicita á Consellería de Sanidade que dote a Lalín, como cabeceira de comarca, dunha ambulancia medicalizada.

"Lalín é a cabeceira dunha ampla comarca que supera os 40.000 habitantes e cubre emerxencias nunha área de máis de 1000 km2, unhas cifras máis que considerables para uns servizos sanitarios totalmente deficientes en moitos aspectos, tanto no servizo de gardas médicas, como en urxencias, aumento das listas de gardas, así como en especialidades e traslados de emerxencia, etc. A día de hoxe é unha realidade e unha demanda social compartida pola maioría dos veciños e veciñas do noso Concello a carencia de recursos no transporte sanitario que padecemos (lembrar as case 5.000

sinaturas recollidas polo BNG de Lalín reclamándolle á Xunta de Galiza unha ambulancia medicalizada)", sinala.


Pois esta cruel realidade, apunta, "non o é tal para o partido que goberna Lalín, e que máis unha vez, o PP vén de votar en contra no parlamento galego a unha emenda, presentada polo BNG aos orzamentos da Xunta de Galiza do vindeiro ano, na que solicitabamos que se contemplara unha partida específica nos mesmos para facer realidade esta demanda. Esta decisión política ao noso entender é especialmente grave debido a que están condenando a nosa veciñanza a ter uns recursos inferiores a outros cidadáns deste país, o que implica, sendo claros, que os lalinenses teñamos moitas máis posibilidades de poder perder a vida ou quedar con graves secuelas pola negativa do PP a apoiar esta tan demandadae xusta iniciativa por parte da nosa organización política. Mais este nefasto e irresponsable posicionamento político do PP non remata aquí, a nosa poboación tamén

é víctima doutro engano do goberno ao ter anunciado o pasado mes de abril, no Parlamento galego o conselleiro de Sanidade, que dotaría a Lalín dunha nova ambulancia".


Publicidade


O PP, recalca o BNG, "non só non tivo a máis mínima mostra de vergoña ao facer tal anuncio antes das eleccións municipais, senón que aínda por riba, o que nos prometían era unha ambulancia con soporte vital de enfermería no canto da ambulancia medicalizada

que os veciños e veciñas de Lalín levamos anos reclamando. Lembrar que até a maioría dos traballadores, entre os que se atopa persoal sanitario do PAC e do Centro de Saúde expresaron o seu descontento diante de tal anuncio ao crer que é un recurso claramente insuficiente. Desde o BNG esixímoslle ao PP que deixe de facer campaña a costa da vida e a saúde dos veciños e veciñas de Lalín".


Publicidade

"Queremos facer especial fincapé en deixarlle claro a este goberno que os veciños e veciñas de Lalín non merecen este trato, e sabemos que esta ambulancia non sería medicalizada, só prestaría servizo 12 horas polo día e nin de lonxe cubriría as necesidades de Lalín e comarca Claro exemplo desta tomadura de pelo foron as palabras textuais do señor Alcalde cando afirmou que a nova ambulancia “empezaría a funcionar no outono ou inverno. O 2024 arrancará coa nova ambulancia e o CIS”, palabras que distan moito da cruda realidade que padecemos. Padecemos unha situación insostible no referente aos traslados en ambulancia de enfermos graves e accidentados, especialmente politraumatizados ou persoas que sufriron un infarto, xa que non se entende porque Lalín dispón unicamente dunha ambulancia. Mais é certo, que a día de hoxe, Lalín segue contando co triste “privilexio” de ser un dos Concellos da nosa categoría con peor cobertura en asistencia sanitaria de todo o país, debido ao déficit na dotación de

vehículos de emerxencia no noso concello ao contar co servizo dunha única ambulancia de Soporte Vital Básico. Esta ambulancia, ademais de atender o extenso termo municipal lalinense, é a encargada de atender as emerxencias dos concellos de Agolada, Rodeiro e Dozón. É evidente que resulta imposible que unha soa ambulancia de soporte vital básico poida dar unha resposta desexada ás emerxencias nun territorio tan extenso, sendo habitual que teñan que vir prestar apoio ambulacias de Concellos como Carballiño, Silleda, Chantada ou a Estrada co conseguinte e indefendible aumento dos tempos de resposta aconsellables, tardando en moitas ocasións máis dunha hora".


O traballo realizado polo BNG puxo tamén de manifesto "a carencia absoluta de escrúpulos e da máis mínima ética por parte do anterior Presidente da Xunta de Galiza, cando na contestación a unha iniciativa parlamentar da voceira nacional do BNG, Ana Pontón, despois da morte dun veciño desta comarca pola tardía resposta á hora de ser atendido, anunciou unha nova ambulancia para Lalín e en menos de 24 horas evidenciouse que só era unha mentira máis que quedará para a posteridade no seu currículo político. E foi así xa que non houbo tal mellora, a realidade foi un vehículo de apoio, dos que sempre funcionaron, algúns anos incluso varios".


Publicidade

Tampouco, resalta, "podemos deixar de por en coñecemento público, que o recurso do helicóptero é moi limitado pola súa carga de traballo e en moitas ocasións, polas circunstancias meteorolóxicas que impiden que poida saír da súa base e nunca de noite.

Queremos lembrar que en caso de urxencia, ten que desprazarse un médico do centro e saúde, sexa de consulta ordinaria ou do PAC, quedando desatendido o propio centro como xa ten acontecido en varias ocasións. Diante desta situación tan desoladora, desde o BNG, entendemos que é prioritario mellorar esta cobertura, polo que defendemos para o noso Concello unha ambulancia medicalizada cuxo equipamento e dotación permita prestar asistencia médica in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal

especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado (SVA). Isto sería así xa que estaría composta por un equipo humano que consta de: un médico con formación específica en urxencias e emerxencias, un diplomado en enfermería con formación específica, un condutor técnico e un axudante técnico en transporte sanitario, prestando, a diferenza tamén da esmola que nos prometeu o PP, servizo as 24 horas os 365 días do ano".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page