Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O BNG de Lalín demanda a creación dun servizo municipal de atención psicolóxica

Ademais do reforzamento no centro da saúde do municipio desta área


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno unha moción a través da cal demanda a creación dun servizo municipal de atención psicolóxica á veciñanza de Lalín e o reforzamento no centro de saúde do municipio desta área.


"Desde o BNG defendemos un paquete de medidas que permitan sacar á saúde mental do

confinamento no que leva anos se atopa nunha situación de parálise polo Goberno do PP no que non ten actuado a pesares dos indicadores que mostran un grave empeoramento neste ámbito que a pandemia agravou, deixando en evidencia que se antes da Covid-19 os servizos de saúde mental eran raquíticos, agora son absolutamente insuficientes", incide.


Ademais, considera que a nivel local é necesario poñer en marcha, "con profesionais do noso concello (e non con empresas de fóra como xa se fixo no presente mandato e que o BNG ten denunciado a gravidade de dita situación), os recursos e medios necesarios para a atención á saúde mental, fronte aos anuncios do Executivo Feixóo que seguen sen concretarse en medidas reais e, neste sentido, facendo o PP gala dunha demagoxia cun tema vital e mentindo coma un mantra o Plan sen que este se faga realidade", recalca.

"Un Goberno galego que non dá contas de como está efectivizando eses anuncios que fai, polo que pedimos a continuación un estudo de diagnose da situación da saúde mental e unha memoria de aplicación do citado Plan. Advertimos que o denominado Plan de Saúde Mental 2020-2024 anunciado xa a finais de 2020 un investimento de 83 millóns para os próximos catro anos non deixa de ser un anuncio máis porque logo esquecen poñer as partidas precisas no orzamento, polo que reclamamos a nivel galego un incremento orzamentario da Xunta para 2022 dos recursos destinados a sufragar este plan nunha contía mínima de 21 millóns, logo de lembrar que a contía para saúde mental apenas superou o millón de euros no orzamento 2021".


No caso de non incrementar o orzamento, sinala que "no mellor dos casos e cos recursos anunciados, só se cubriría a metade do persoal preciso segundo unha valoración realizada polo propio Sergas hai 25 anos, concretamente en 1997. Vinte e cinco anos despois, con recortes, taxas de reposición, crise de 2008 e agora a pandemia, coa crise económica e social que leva aparellada, o Plan do PP representa a metade dos profesionais que facían falta xa hai 25 anos, antes de todo isto; e nin esa previsión raquítica cumpren".


Tamén destaca que "o Goberno galego segue sen cumprir a incorporación de profesionais prevista para os anos 2020 e 2021, esixíu máis orzamento e máis persoal especializado para atender aos galegos e galegas con problemas de saúde mental, para rematar coas listas de espera (segundo subliñou, as do servizo de psiquiatría son as máis altas do Sergas, con 7.020 persoas agardando unha primeira consulta en xuño deste ano) e coa sobreutilización do tratamento psicofarmacolóxico e para realizar unha abordaxe inmediata da prevención do suicidio".


Así mesmo, insiste en que "diante desta gravísima situación propoñemos a maiores o reforzamento no Centro de Saúde de Atención Primaria de prazas de psicólogos clínicos, terapeutas ocupacionais, traballadores sociais, logopedas e demais espacialistas que permita a creación de equipas multidisciplinares e prestar a atención integral precisa, non podemos esquecernos que unha de cada tres consultas en Atención Primaria ten que ver con cuestións de saúde mental, fundamentalmente depresión e ansiedade. Tamén vemos con con moita preocupación como cambian os profesionais de psiquiatría cada pouco tempo no noso Centro de saúde co trastorno evidente que lle supón aos pacientes por verse obrigados a reiniciar de cero as súa sensións, sumándolle a lista de garda que impide ter unha periodicidade minimamente recomendable nas sesións e que impide que sexan efectivas".


Persoas en situación de vulnerabilidade

Ao mesmo tempo, o partido nacionalista de Lalín defende a necesidade de garantir a atención sanitaria ás persoas en situación de grave vulnerabilidade psicosocial e a incorporación da perspectiva de xénero na planificación e na atención á saúde mental, para reducir as desigualdades e a discriminación neste ámbito de actuación. "Especial mención queremos facer ao servizo de atención psicolóxica que está dando dun xeito

totalmente altruísta á veciñanza de Lalín a asociación Apego, prestando xa servizos de psicoloxía, logopedia e pedagoxía a familias que non se poden permitir pagar o servizos duns profesionais e que cubren todas as franxas de idades, cunha periodicidade semanal. Esta labor non só é merecente de poñer en valor senón que nos parece moi necesario que desde a administración local se apoie cunha dotación económica que faga viable un proxecto tan necesario e que a día de hoxe conta coa indignante cantidade de aportación municipal de 0 euros", subliña.


Por outra banda, tamén recalca que Galiza encabeza as estatísticas de problemas de saúde mental, suicidio, prescrición e consumo de psicofármacos, mentres se sitúa á cola de profesionais. "Urxe, entre todas as administracións, abordar un problema que xa acada unha enorme dimensión no país. Nesta liña recordamos o importante incremento da prevalencia dos problemas de saúde mental, onde Galiza (xunto a Asturias) encabeza as estatísticas tanto de depresión como de ansiedade, unha magnitude do problema que contrasta coa dificultade para acceder aos servizos públicos de saúde mental. Só 1 de cada 3 persoas con trastorno mental acude aos servizos sanitarios, a metade das persoas con trastorno mental grave e 3 de cada 4 de intensidade moderada. As persoas afectadas tardan en acudir e cando o fan atopan un servizo saturado, dados os déficits crónicos dos cadros de persoal".


"Cómpre subliñar que a media de psiquiatras no país é de 2,3 por cada 100.000 habitantes, cando na UE esta cifra ascende a 18; un déficit que pode estenderse tamén ás e aos profesionais da psicoloxía clínica, onde na UE se sitúa tamén en 18 por cada 100.000 habitantes, en 26 no conxunto dos país da OCDE e en 6 no Estado, mentres que en Galiza a media é d