top of page

O BNG de Lalín demándalle á Xunta a construción de vivenda pública

Ademais, pídelle á Sareb a cesión ao Concello de Lalín dos terreos que ten neste municipio para destinalos a vivenda asequible e social


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín levará ao vindeiro pleno unha moción a través da cal lle solicitar á Xunta de Galiza a construción de vivenda pública e a posta en marcha dunha bolsa de Vivenda baleira para alugueiros sociais ou asequibles. Ademais, demándalle á Sareb a cesión ao Concello de Lalín dos terreos que ten neste municipio para destinalos a vivienda asequible e social.


Lembra que o mes de abril do pasado ano, o BNG presentaba ao pleno municipal unha moción solicitando á Xunta de Galiza a construción de vivienda pública e a posta en marcha dunha bolsa de Vivenda baleira para alugueiros sociais ou asequibles. "Dita iniciativa contou coa unanimidade da Corporación, mais pasado case ano e medio vemos

como o PP non fixo absolutamente nada ao respecto. A vivenda é unha das principais preocupacións dos e das cidadáns, a especulación, a crise de prezos que padecemos e os inasumibles tipos de intereses actuais ten convertido o pago da hipoteca ou dun alugueiro nun auténtico quebradeiro de cabeza para todas as persoas. Os datos do prezo da vivenda no noso Concello desvelan a inasumible realidade dun aumento do 19,7% nos últimos 12 meses, e do 18,2% do prezo dos pisos e casas nos últimos tres anos, algo totalmente prohibitivo para as xa maltratadas economías domésticas".


Indica que segundo os últimos datos de 2022 da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias "o 28,19% das 11.731 vivendas de Lalín están baleiras, son en total 3.307, ou o que é o mesmo 3 de cada 10. A media de vivendas baleiras en Galiza é do 18%, co que o parque de vivendas de Lalín supera en 10 puntos a media galega. Dos concellos da súa categoría Lalín é, en todo o país, o que ten máis vivenda baleira".


E recalca que é competencia dos gobernos responsables tomar as medidas políticas precisas na súa man para que a calidade de vida dos veciños e veciñas non sexa de novo a principal damnificada dunha situación económica que de novo volve a cebarse nos máis débiles.


"O que ocorre é que o PP xa ten demostrado na administración local que prefire actuar coma unha inmobiliaria que fai negocio cos seus amigos, a levar a cabo auténticas políticas sociais en materia de Vivenda. Na Xunta de Galiza e no Concello de Lalín, os gobernos do PP están facendo “deixazón de funcións” esquecendo a propósito as competencias en vivenda e deixando aos cidadáns ao azar dos mercados".


Aputa que no caso da mocidade o asunto da vivenda e a posibilidade de emanciparse e establecerse de xeito independente acada tintes dramáticos xa que retrasa e limita as expectativas e os proxectos de vida da xente nova. "Os mozos e mozas galegos teñen que investir o 60% do seu soldo mensual para alugar unha vivenda, e o 41,,4% no caso da compra. Con estos datos, debería ser a priodiade urxente dun goberno responsable promover entre a nosa mocidade o acceso básico á vivenda. De nada vale chamar aos mozos e mozas a vivir e empadroarse en Lalín se despois non creamos as condicións para que podan ter un traballo e acceder a unha vivenda para o seu benestar na nosa vila".


"As administracións teñen na súa man a ferramenta máis eficaz para rematar alomenos co problema da vivienda dos nosos veciños e veciñas, as vivendas públicas. Tanto en propiedade coma en alugueiro, a obriga do goberno da Xunta e do municipal e garantir aos cidadáns o acceso á vivienda en condición asumibles, para eso están as vivendas públicas e os alugueiros sociais. Xa que estamos falando mesmo dun dereito constitucional".


A Xunta de Galicia, engade, "ten convertido nos últimos 14 anos a este país nun páramo en materia de vivendas públicas. Os datos falan por sí sós e o parque galego de vivienda pública en alugueiro que en Europa é o 9,3%, en Galiza non acada o 1%. O PP ten o triste récord de ter entregado entre 2014 e 2018 en toda Galiza só 1 vivenda de promoción pública en alugueiro".


Para o BNG a vivienda non é só unha competencia senón unha responsabilidade, e por iso considera "que é responsabilidade do Concello liderar e coordinar todas as actuacións que se fagan neste eido. As nosas prioridades pasan por solucionar o problema da vivienda aos sectores en situación máis precaria, tamén mellorar a calidade das vivendas actuando sobre as rehabilitación e impulsar as cantidades e tipoloxías de Vivendas de Protección Oficial e Promoción Pública".

Por iso ademais aposta "por unha auténtica Oficina de Vivenda municipal que realice a diario un seguimento, control e estudo do noso parque de vivendas baleiras, distinguindo tipos de vivendas pola localización, tipo de propietarios e motivos do seu desuso. Tamén ten que ser responsabilidade do Concello o coñecemento e seguimento exhaustivo da situación real da poboación e as súas necesidades en materia de vivenda".


"No BNG temos claro que Lalín precisa un goberno que se comprometa coa vivienda pública, un goberno preocupado por un dereito constitucional da súa veciñanza. Por iso apostamos por incrementar o minguado parque deste tipo de vivendas no noso concello, para garantir aos veciños e veciñas o acceso a una vivienda digna, en condición económicas asumibles e demandaremos tamén da Xunta un Plan Público de Vivenda e un Banco de Vivendas que deixen atrás as políticas de facer negocio coa necesidade da xente".


Especialmente grave, sinala, "é o papel do Sareb que é unha sociedade participada maioritariamente polo Estado e que os seus bens foron adquiridos polos contribuíntes mediante a emisión de débeda avalada polo Estado, coa finalidade de “xestionar, con compromiso social, os activos inmobiliarios procedentes do saneamento do sector financieiro”, polo que os terreos dos que dispón deberían ser transferidos ao Concello de Lalín con carácter permanente e a título gratuíto para poñelos a disposición da Xunta de Galiza para facer vivienda pública. Pedimos un cambio na política de xestión de activos inmobiliarios da Sareb que poña o foco no aproveitamento público das vivendas e terreos dos que é titular, en lugar de destinar ditos inmobles a ser poxados a fondos de investimento inmobiliario, pouco preocupados polo interese público".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os datos, explica o Bloque, "que constan publicados polo propio Sareb no noso Concello, datos aos que non lle damos a máis mínima veracidade ao entender que son superiores na realidade reflicten o seguinte: 36 vivendas, 41 anexos, 3 suelos. Para o BNG con esta finalidade e antecedentes é inadmisible que un organismo deste tipo, diante dunha situación de auténtica necesidade, cumpra un papel de especulador á hora de poñer ditos inmobeis no mercado en función a intereses que nada teñen que ver co interese xeral".


Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG insta ao Pleno de

Lalín á adopción do seguinte


ACORDO:

1.- Solicitar á Xunta de de Galiza a construción de vivenda pública e a posta en marcha dunha bolsa de Vivenda baleira para alugueiros sociais ou asequibles.

2.- Solicitar á Sareb a cesión ao Concello de Lalín dos terreos que ten no noso municipio para destinalos a vivienda asequible e social.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page