top of page

O BNG de Lalín culpa ao PP pola "crise do alumnado do Scientia" e esixe "solucións xa"

Lembra que dende o Bloque levan anos "presentando iniciativas sobre a situación precaria das escolas infantís"


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín sinala que coa chegada do comezo do novo curso "evidenciouse a problemática que atravesa o centro educativo Scientia e que se estende a todas aquelas

familias que facían uso del". Nestes últimos días a prensa fíxose eco da nova que os pais

e nais recibiron por teléfono de que o día 2 de setembro a gardería que depende deste

centro non abriría as súas portas, co que isto conleva a nivel de conciliación familiar, sen

ter enriba da mesa solucións nin tempo de reacción, xa que quedan moi poucos días para

resolver a situación das crianzas que se ven sen praza na escola infantil.

Dende o BNG lalinense lembran que "esta situación xa non é nova, dado que en anos

anteriores os impagos e baixas do persoal, cando a xerencia do centro era outra, xa

estiveran de actualidade no concello de Lalín". Así mesmo, non queren deixar pasar a

oportunidad de lembrar a grave eiva que sufre Lalín en canto ao número de prazas de

escola infantil dispoñibles e que xa trasladaron dende o grupo no pleno durante este ano

co voto en contra do PP. "Co peche por falla de persoal do Scientia, non fai máis que

agravarse a situación que viven as familias lalinenses en canto a conciliación, xa que as

máis de 50 crianzas que serían usuarias do servizo quedan totalemente faltas del, sen

que ninguén por parte do goberno teña solucións que aportarlle as familias".


Dende o grupo nacionalista son críticos co xeito que ten a Xunta de prestar un servizo que

vende como gratuíto dende hai anos e que non é tal e que fai que estes casos de impagos por parte das empresas, peches sen previo aviso e outras irregularidades se repitan por todo o país, sendo xa unha constante este tipo de casos. A situación da capital dezá tórnase crítica e o portavoz municipal do BNG esixe solucións inmediatas por parte do goberno para atallar un problema que se estende a todo o alumnado do centro, "que non sabe se vai poder comezar o curso con normalidade a xulgar pola nefasta xestión do centro, que acumula meses de impagos aos profesionais e non da resposta as dúbidas das familias, ás que nin sequera lles contestan ás chamadas telefónicas".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“O novo curso está a piques de comezar e é de xustiza solventar este problema, precisando accións por parte do goberno municipal e da propia Consellería de Política Social, que se atopa desaparecida perante tal crise na conciliación de todas e todos os lalinenses", lembran os nacionalistas ao lles preguntar sobre o asunto que chegou a coñecemento da prensa esta semana.


Para os nacionalistas este "é o resultado directo dun PP que entende o ensino como un

negocio e que actúa dun xeito tan irresponsable que minte descaradamente á hora de dicir que non coñecían o tema, o que sería gravísimo xa que estamos falando que é un centro privado que recibe cartos públicos para prestar dito servizo, e que amosa unha

total falta de sensibilidade e responsabilidade coas familias afectadas porque non lle aporta ningunha situación". Diante destos feitos tan graves para os nacionalista, anuncian que presentarán distintas iniciativas a nivel municipal e do Parlamento galego para darlle unha pronta solución e desde logo tamén para pedir responsabilidades políticas ante unhos feitos tan graves.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page