"É calamitoso e pouco apropiado para a celebración destes dous días a causa das obras de ampliación e reformas que afectan o seu conxunto", sinala
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín cuestiona o estado que presenta o cemiterio municipal na Romea. Considera que é "calamitoso e pouco apropiado para a celebración destes dous días a causa das obras de ampliación e reformas que afectan o seu conxunto".

A súa valoración completa:
"O BNG de Lalín, co gallo das datas que vivimos, veñen de visitar o Cemiterio Municipal do Concello na Romea por mor das datas propias para lembrarnos dos nosos familiares ou coñecidos que xa teñen falecido. Atendendo a estas datas, queremos facer público a nosa valoración do estado calamitoso e pouco apropiado para a celebración de estes dous días a causa das obras de ampliación e reformas que afectan ao seu conxunto e que se ten denominado como as obras da Fraga do Alén.
Publicidade
O BNG, sen pór en cuestión a necesidade da ampliación do cemiterio municipal dadas as necesidades e demandas; pois moitos cemiterios parroquias están xa completamente saturados e o vello cemiterio municipal de Lalín, no Alto de Vales, tamén carece de máis espazo para construción de panteóns; dito isto, consideramos que existe unha falta evidente de criterio e planificación máis seria e rigurosa na execución de ditas obras para as facer ordenadamente, sen ter todo como se fora un campo de batalla por todos os seus catro puntos cardinais, de xeito que a ampliación e o que xa estaba consolidado e en
pefecto uso tendo un aspecto de imaxe dantesca.
No que atinxe ao reformado da capela, desde o BNG, custionamos cal era a necesidade de facer espetar esas estacas de planchas de aceiro ao arredor do seu perímetro, que entendemos que están totalmente fóra de lugar para a nosa terra ese tipo de material. En Galiza, sempre se empregou para as construcións relixiosas a pedra de granito, por tanto sería o máis procedente por tradicional. Por tanto non atopamos explicación para encaixar eses ferros de aparencia oxidada e que relación poderían ter nunha fraga, que ten un
significado de ser un bosque de monte poboado de árbores e matogueiras e non un "vertedoiro de chatarra".
Publicidade

Para rematar, valoramos e vemos como un verdadeiro disparate e derroche o emprego de grandes travesas de formigón para facer os viais novos por todo o longo e ancho de cemiterio; o cal calificamos como unha verdadeira "vandalización", cando se podería ter recurrido a outra solución moito máis funcional, práctica e operativa e de resultado contrastado e demostrado como sería botar grava miúda sobre unha superficie preparada de xofre ou sábrego, ademais de que esteticamente resultaría mellor incluso para facilitar o seu drenaxe cando haxa chuvieiras moi fortes.
Nin que dicir ten, que sería moito máis barato, xa que non había que enterrar tanto gasto no chan. Deste xeito, con este material non habería esa necesidade de facer os viais nivelados sen respetar a caída ou pendiente do terreo que hai desde o lateral da entrada principal ao posterior paralela, o que trouxo como resultado o despropósito de facer quedar os panteóns pola parte de abaixo do vial que divide os dous cadrantes de pasillos de panteóns según se ve desde a capela para a dereita case tapados porque agora o "camiño de pedra" queda máis alto e xera unha rampa que non é nada doada de baixar para persoas de moita idade e con dificultades de mobilidade".
Comments