O BNG de Lalín convocou unha concentración para esixir a atención médica presencial no ambulatorio
- ecosdacomarca

- 13 mar 2021
- 1 Min. de lectura
Foi esta mañá e tivo moi boa acollida

A concentración esta mañá en Lalín.
Autor: BNG Lalín
Laura Moure/Lalín
A concentración que tivo lugar está mañá en Lalín convocada polo BNG local tivo unha boa acollida. O motivo desta foi reivindicar á Xunta que se retome a atención médica presencial no ambulatorio lalinense.
A manifestación tivo lugar na Praza da Torre. Para o grupo nacionalista a pandemia sanitaria puxo de manifesto a necesidade dun sistema sanitario público, forte e cunha atención primaria reforzada como porta de entrada e sen recortes. "A gran resposta da xente de Lalín énchenos de razóns para seguir loitando pola atención médica presencial", sinalou o BNG tras a concentración. E a loita continuará. "Seguiremos pelexando para conseguir volvela ter presencial", recalcou o voceiro do partido nacionalista, Francisco Vilariño.






Comentarios