top of page

O BNG de Lalín convida á Xunta a “deixar de enganar á veciñanza” coa atención das urxencias sanitarias

Mari Fernández critica que o 061 “pretenda desmentir a veciñas e veciños que agardamos até 50 minutos por unha ambulancia”


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín considera “unha tomadura de pelo á veciñanza que o 061 saia publicamente a desmentir as malas experiencias e os casos recentes vividos por veciños e veciñas co servizo de ambulancias”. A concelleira e voceira municipal do BNG, Mari Fernández, asegura que “resulta incríble que os responsables do 061 pretendan poñer unha venda nos ollos á veciñanza mentindo descaradamente sobre a cobertura dun servizo de emerxencias sanitarias que os veciños comproban cada día que non é o axeitado”.


Fernández Sanmartín lémbralle aos responsables do 061 que “o BNG non nega que haxa ambulancias en Lalín, o que denunciamos é que non hai ambulancia medicalizada e seguimos tendo parches que non dan cobertura axeitada e seguridade á veciñanza”.

Diante das informacións atribuídas ao 061 aparecidas en medios en resposta á denuncia

do BNG de Lalín, o BNG quere deixar claro que “non imos consentir que as denuncias

das veciñas e veciños de Lalín por un servizo deficitario se despachen en Santiago por

parte do 061 con mentiras”. O BNG de Lalín leva anos reclamando unha ambulancia medicalizada para o Concello, e convida ao 061 a explicarlle á cidadanía “a diferencia entre unha ambulancia medicalizada e unha de soporte vital, que no caso de Lalín ten

unha quenda de 12 horas e conta con servizo de enfermaría, non é unha ambulancia

medicalizada, é un parche”.


Mari Fernández critica “o cinismo e a chulería” dunha administración que “sabe perfectamente que na Comarca do Deza, dependendo de onde vivas e as horas ás que

teñas unha emerxencia sanitaria, o actual servizo está a poñer en risco as nosas vidas e a

nosa saúde cada día”. O BNG de Lalín ten recollido as denuncias das veciñas e veciños que “están a sufrir esta desatención nas rúas cada día”. Destaca Mari Fernández que “no

BNG de Lalín sabemos perfectamente os recursos de emerxencias sanitarias que temos,

e por iso sabemos que son insuficientes e reclamamos para a veciñanza garantías de

atención das emerxencias sanitarias que non temos”.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A voceira municipal do BNG, explica que ademais de recibir case a diario queixas da veciñanza “moitos podemos falar en primeira persoa de como, vivindo no centro de Lalín, agardamos máis de 50 minutos por unha ambulancia pola evidente falta de

medios que un 061 insensible nega nos medios de comunicación”. Mari Fernández convida aos responsables deste servizo, da Consellería de Sanidade, o Sergas e a Xunta

de Galicia “a vir a Lalín, a vir ao Deza e probar a ver como funciona o servizo que din

que teñen deseñado perfectamente desde os seus despachos en Santiago”.


“Deixen de poñer escusas de mal pagador, hai informes de organismos oficiais que lles din que non prestan un servizo axeitado”, critica o BNG de Lalín, asegurando que “nós imos a seguir reclamando a ambulancia medicalizada e o servizo de emerxencias

sanitarias que lle corresponde a este concello e á comarca do Deza como cidadáns que

somos, usuarios da sanidade pública que pagamos os nosos impostos e non estamos

dispostos a seguir aturando unha atención sanitaria pública de segunda”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O BNG de Lalín considera “cínico e inhumano” que unha administración responsable

de garantir á cidadanía de todo o país unha axeitada cobertura sanitaria pública, diante

das queixas dos e das lalinenses polo servizo de urxencias sanitarias “no canto de dar

respostas efectivas á cidadanía saia a desmentir aos usuarios poñendo sobre a mesa os

recursos existentes que a propia veciñanza está a denunciar que son deficientes”. Diante

desta situación, o BNG de Lalín advírtelle ao Sergas, o 061 e a Consellería de Sanidade

que “non nos van a calar, imos seguir denunciando a falta dunha atención sanitaria

pública de calidade en Lalín”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page