top of page

O BNG de Lalín celebra o 7 de marzo unha charla sobre o Ano Castelao 2025

O evento, titulado 75 anos, sempre presente, terá como obxectivo lembrar a súa figura


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín organiza o vindeiro venres, 7 de marzo, ás 20:30 horas, no Museo Municipal Ramón María Aller, un acto aberto sobre o Ano Castelao 2025 para o que anima á cidadanía lalinense a participar nesta xornada conmemorativa. O evento, titulado 75 anos, sempre presente, terá como obxectivo lembrar a figura de Castelao, un dos maiores referentes da literatura galega e do nacionalismo galego, coincidindo co 75 aniversario do seu pasamento.

Durante o faladoiro, que contará coa participación de Mari Fernández, (Responsable Local do BNG), Pilar García Negro (profesora honoraria da USC, escritora e divulgadora) e Bieito Lobeira (membro da Executiva Nacional do BNG), abordarase a súa relevancia tanto na historia literaria como no desenvolvemento do nacionalismo galego na primeira metade do século XX.


"Castelao foi unha peza clave na construción do nacionalismo galegoc ontemporáneo", destaca Mari Fernández, que tamén anuncia que ao longo deste acto, afondarase non só na súa memoria, senón tamén no seu pensamento político e na súa obra, que continúa

sendo fundamental para entender as bases do nacionalismo galego actual.


En palabras de Mari Fernández "é necesario difundir a súa figura na súa integridade, a dimensión inmensa dese brillante artista, escritor, investigador que, segundo el mesmo dicía, era fundamentalmente político". Neste sentido, lamenta que nesta conmemoración “se estea a ocultar a súa condición de político nacionalista”.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Do mesmo xeito, a Responsable Local destaca que é preciso poñer o foco no pensamento de Castelao que traslada a verdadeira base de toda a súa obra. A defensa dos dereitos e o amor a Galiza e o nacionalismo que preside a súa praxe e a súa teoría política. Lamenta que "se continúe a teimar en deturpar a súa figura ocultando ou negando a súa clara condición nacionalista, o que deixa a vista que a súa figura aínda é incómoda".


Igualmente reivindica o seu "legado político, a súa xenerosa e brillante obra e a súa traxectoria de compromiso co noso país que teñen que ser guía para continuar defendendo os nosos intereses, os das clases populares e tamén as loitas de liberación

nacional no mundo e de costas á orde internacional que impoñen as grandes potencias

colonizadoras que é a grande lección que nos deixou".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page