top of page

O BNG de Lalín apoia as reivindicacións do colectivo de avogados e procuradores

Ecos da Comarca/Lalín

Ao longo de todo o territorio do Estado español, tanto avogados coma procuradores

exercentes na quenda de oficio decidiron antonte comezar unha folga indefinida

para así visualizar as problemáticas á que, entenden, está sometido dito servizo

público. O BNG de Lalín móstralle o seu apoio.

Os profesionais xurídicos entenden que as baixas retribucións que perciben pola

prestación dos servizos merman a calidade dos mesmos, e moitas veces non lles

compensa exercer na debandita quenda de oficio. Advocándoos ao abandono da

mesma, que, cada vez conta con menos profesionais por esta mesma razón. Sirva de

exemplo que os letrados non cobran o desprazamento aos cartés das Gardas Civís dos

Concellos do noso partido xudicial, cando teñen que asistir a declaracións dos seus

clientes designados, tal e como explica o partido nacionalista.


Publicidade

Dita folga ten coma marco o incumplimento por parte do Goberno central dos acordos

aos que se chegara en canto a formar unha mesa de negociación. E entre as

reivindicacións dos operadores xurídicos está que se lles considere coma autoridade

nas gardas ou que se lles actualice a súa retribución conforme aos baremos do IPC.


"A quenda de oficio no partido xudicial de Lalín abrangue a preto de 30 profesionais da

comarca entre avogados/as e procuradores/as, que advirten das suspensións que se

están a suceder de vistas e xuízos, co retraso que esto implicará nos expedeintes

xudiciais, así como de prazos procesais, producindo o estancamento dos pleitos. Nas

vindeiras semanas, de manterse a folga, poderían producirse unha media de ata 3

suspensións diarias de vistas, e ata 10 de procedementos por suspensión de prazos"

.

Publicidade

É polo que dende a agrupación local do BNG, "manifestamos o noso apoio nas súas

reivindicacións ao colectivo de avogados e procuradores que exercen na quenda de

oficio no partido xudicial de Lalín, solidarizándonos con eles nas súas reivindicacións;

ao entendermos que a quenda de oficio é un servizo público e de calidade, e para

mantelo como tal precisa dunha actualización, atendendo as peticións que se

plantexan, xa que do contrario verase avocado ao abandono".



0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page