Ecos da Comarca/Lalín
Ante a resposta dada pola Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade a respecto das preguntas formuladas polo grupo parlamentario do BNG sobre os vertidos e as medidas previstas pola Xunta de Galicia para solucionar os vertidos ao río Asneiro, en Lalín, procedentes da depuradora de Botos e que provoca contaminación no río Deza, o BNG declara que pouco lle satisface a contestación
"Deixa aberta máis incógnitas que aclaracións. En resposta a preguntas do BNG en sede parlamentaria, Augas de Galiza recoñece que tanto eles coma o Concello de Lalín eran conscientes das deficiencias de depuración, cuestión que se negou durante sucesivos vertidos, imposibles de agochar, a pesares das múltiples denuncias públicas efectuadas. Cabe preguntarse desde cando eran conscientes deste problema e que se estivo a facer en todos estes anos dentro do Plan de Vixiancia de Saneamento das depuradoras dentro do Concello de Lalín, para non ter evitado tal disparate de vertidos".
Sinala que "agora contéstase que o plan de saneamento elaborado para a subsanar as deficiencias prevé a execución dun "Tanque de tormentas"; e mellora de colectores, para evitar colapsar a depuradora do paseo. Benvido sexa, máis non foi sen tempo. Haberá que velo!".
E recalca que "máis queda por preguntarse, que pasa, e vai pasar, coas deficiencias da depuradora de Botos?" Para o BNG de Lalín a resposta deixa moitas cuestións aínda sen clarificar, entre outras, que expliquen dende cando son coñecedores de ditas deficiencias, que tipo de deficiencias se detectaron, cal foi a natureza contaminante deses vertidos, valen para algo os plans de vixilancia (nos que se gastan miles de euros), se continuarán os vertidos dende Botos, e para cando a subsanación das deficiencias detectadas nesta depuradora, etc.
Comentarios