top of page

O BNG de Lalín acusa ao goberno local "de convertir o parking Europa nun cemiterio de coches"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

Xa pasaron dous meses desde que o BNG de Lalín, denunciara que o parking Europa non contaba con ningún tipo de control de uso nin de cobro do mesmo ao estar a máquina que se encarga de cobrar “fóra de servizo” e sen persoal que xestione dita instalación munivipal. Pasados meses, sinala a organización nacionalista, "que o PP lonxe de solucionar o problema o que está facendo é que son cada vez sexan máis as persoas que deixan alí estacionado o seu coche varios días ao ser coñecedores da situación de descontrol e impunidade existente".


"A última ocorrencia deste goberno é deixar no parabrisas dos vehículos (sen ningún tipo de papel oficial nin a máis mínima identificación de quen procede) unha nota de vez en cando a algún coche onde se lle ameaza con comunicarllo ao Concello, feito insólito xa que é o propio Concello quen o deixa. Para nós esta é unha clara mostra da deixadez e falta de compromiso para poñer fin a esta situación", indica o Bloque.

Afirman os nacionalistas que "é tal o despropósito que no propio “folio” indícanlle ao infractor ou infractora como pode facer a trampa para librar da multa (que por certo non poñen, e polo tanto, moito menos tramitan) e volver ter o coche os días que queira seguidos no parking".


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Lembra o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, que o 1 de outubro de 2022 entrou en vigor a ordenanza que permite estacionar gratis no parking Europa durante 24 horas seguidas como máximo. Unha decisión que foi ao pleno de xullo dese mesmo ano, e no que se aprobaron cuestións como que a partir desas 24 horas hai que retirar o vehículo ou expoñerse a aboar a cantidade de 20 euros cada 24 horas que pase dentro.


"Un feito especialmente grave, xa que o problema é dobre: por un lado non se logra co obxectivo desexado, e por outro imcúmprese unha ordenanza de obrigatorio cumprimento incurrindo o PP nunha clara responsabilidade política debido a que as ordenanzas municipais trátanse dos termos que expresan unha mesma realidade xurídica ao ser normas de natureza reglamentaria elaboradas polo Pleno do Concello".


"Diante deste situación de desidia por parte do PP", o voceiro nacionalista, solicita que "mentras non se volvan poñer os mecanismos necesarios para poñer fin a esta  situación bochornosa, o Goberno municipal proceda a devolverlle os cartos pagados aos aboados do mesmo e a non cobrarlle novas mensualidades no tempo que dure dita situación. Lembran que exclusivamente o Concello está cobrando aos aboados e non tramitou absolutamente ningunha sanción a día de hoxe".


Recorda Vilariño que xa foi o goberno de coalición que non só recuperou dita infraestructura para a cidadanía e a fixo pública, senón que xa establecera a súa gratuidade en horario comercial. Para os nacionalistas non é mala a decisión telo gratuíto 24 horas seguidas, mais como advertiron na súa tramitación o éxito da medida dependería da seriedade o boa xestión que se fixera do mesmo por parte do goberno municipal.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Desde o BNG denuncian que "sen ningún tipo de control este parking, e como teñen advertido en numerosas ocasións, estase convertindo nun cemiterio de vehículos ao non existir rotación nas prazas e que polo tanto non cumpra o obxectivo marcado. Unha realidade que como apuntan varios veciños que se dirixiron ao BNG agrávese aínda máis ao retirar o goberno municipal o persoal que atendía o mesmo, producindo unha sensación de desinformación, falta de control e caos entre os usuarios e usuarias".


A maiores, apunta o seu voceiro municipal que se está creando "unha gravísima situación de agravio con respecto aos seus aboados. Lembra que se reservou, nun principio, o 20% das súas 376 prazas para os aboados que pagan ao Concello 30 euros mensuais polo aluguer das mesmas. Na práctica son máis de 130 aboados que ven como están pagando mentras outros usuarios desfrutan das mesmas condicións de xeito gratuíto".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page