O BNG de Dozón propón abrir o recinto feiral da Gouxa ao público
- ecosdacomarca
- 26 may 2023
- 2 Min. de lectura
O obxectivo, sinala, é poder usalo para disfrute e ao servizo dos postos que acuden a feira
Ecos da Comarca/Dozón

Con respecto ao pasado 23 de maio, día de feira no lugar de A Gouxa, o BNG de Dozón destaca que "fomos a única alternativa política que participou activamente na Feira de A Gouxa e publicamente sen cancelas expuxo o seu programa. Constatamos o peche do recinto feiral". Ante isto, o partido nacionalista propón abrir o recinto feiral ao público e poder usalo para disfrute e ao servizo dos postos que acuden a feira.
"De que serve gastar os cartos en obras nas instalacións unha vez tras outra para telas pechadas? De que serve organizar un grupo de Protección Civil en Dozón para non facer nin presenza o día da feira? Non hai abastecemento público de auga para o gando que acude á feira, como por exemplo as rutas de cabaleiros que reclaman poder ter auga para os animais de paso", sinala.
Por outra banda, apunta que "seguimos a constatar a discriminación do Partido Popular no trato á veciñanza. Incluso, na propia campaña electoral, co frenético traxín de cubas de cemento estes días. Coma sempre a uns si e outros non", acusa.
Nas rutas de visita a veciñanza porta a porta, "destacamos unha moi triste realidade que co paso dos anos e coas políticas do PP en Dozón, unha vez tras outra moitas das aldeas están a quedar sen xente, unha realidade que parecen aldeas dormitorio nas que poucos facemos vida por ter que buscar oportunidades fóra, constatamos que tampouco se apoia as explotacións gandeiras que resisten e manteñen vivo o concello". E recalca que o BNG "preséntase como alternativa de goberno no concello de Dozón e coas ideas moi claras de gobernar en igualdade para toda veciñanza".
Comments