Asegura que "levamos todo o mes de marzo sen este servizo porque o alcalde non quixo renovar os contratos do persoal"
Laura Moure/Dozón
O BNG de Dozón pon de de manifiesto "a incompetencia e gran irresponsabilidade do alcalde popular Adolfo Campos na xestión do servizo de limpeza no centro médico da localidade". A voceira nacionalista, Mar Vila, asegura que "levamos todo mes de marzo sen o servizo de limpeza no centro médico municipal porque o alcalde non quixo renovar os contratos do persoal que estaba realizando perfectamente e sen ningún tipo de problema estas tarefas. Atopámonos cunha situación moi grave e de irresponsabilidade manifesta porque dende o pasado 28 de febreiro non hai persoal que realice as tarefas de limpeza".
O BNG considera que "é urxente repoñer de inmediato o servizo de limpeza do centro médico en Dozón. E renovar as contratacións laborais ó persoal que realizaba estas tarefas de limpeza". Así mesmo, sinala que "con unha situación de alerta sanitaria pola Covid e coas axudas que actualmente está percibindo o Concello de Dozón das distintas administracións públicas para reforzar e mellorar estes e outros servizos públicos, non entendemos como o alcalde, que presume de moitas melloras, pero todo o fai de cara a galería para quedar ben e sen gastar nada e sen realizar o traballo, máis cando ten na súa responsabilidade velar polo benestar público e cobra un soldo para iso. Que pretende con esta irresponsabilidade e falta de previsión? Se non sabe xestionar un concello que dimita de alcalde", demanda Vila.
O centro de saúde de Dozón
Autor: Páxinas Galegas
Comments