top of page

O BNG de Dozón esixe unha investigación exhaustiva tras un atropelo o domingo na festa da Gouxa

12 jun
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Dozón

O concelleiro do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Dozón, Miguel Ángel Docasar, quere manifestar publicamente a súa profunda preocupación polos graves feitos acontecidos na recente celebración da Festa da Carne ao Caldeiro e da bola de torresmos celebrada o pasado domingo na Gouxa. "No transcurso deste evento lúdico municipal,

rexistráronse incidentes que culminaron no atropelo dun veciño do concello por parte dun

cabalo", desvela o nacionalista.

A festa na Gouxa o pasado domingo. Autor: Ecos da Comarca.
A festa na Gouxa o pasado domingo. Autor: Ecos da Comarca.

O representante nacionalista lamenta profundamente o sucedido e traslada o seu total apoio e solidariedade á persoa afectada, facendo extensivo o afecto á súa familia e a todas as persoas presentes que foron testemuñas directas da situación.


Ante a gravidade do suceso, Docasar, considera “imprescindible esclarecer os feitos, tratando o asunto conforme á normativa vixente en Galiza, que reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas” e esixe desde a formación nacionalista

unha “investigación exhaustiva, transparente e rigorosa que permita coñecer con total claridade as circunstancias que rodearon o incidente”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Aspectos clave da investigación solicitada, que indica que se deben seguir:

  • Comprobar se se cumpriron escrupulosamente os protocolos de seguridade, delimitación de espazos e control animal requiridos para este tipo de eventos, conforme á lexislación vixente.

  •  Esclarecer os motivos polos que non se activaron os recursos de emerxencia e Protección Civil de maneira inmediata ante a situación producida.

  •  Determinar as posibles responsabilidades derivadas da organización e desenvolvemento da actividade.

  •  Avaliar a necesidade de reforzar as medidas de prevención e seguridade en futuras

edicións da festa para evitar que se repitan feitos semellantes. "A cidadanía merece saber exactamente que aconteceu e se se cumpriron todas as medidas de seguridade esixibles. A transparencia e a asunción de responsabilidades son fundamentais para garantir que unha situación tan grave non volva repetirse", conclúe Miguel Docasar.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

O BNG de Dozón continuará atento á evolución deste asunto e reclamará toda a información necesaria para garantir o esclarecemento dos feitos e a protección da veciñanza en futuros eventos públicos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page