O BNG de Dozón esixe cumprir coas convocatorias dos plenos ordinarios acordados neste mandato
- ecosdacomarca
- 4 mar
- 2 Min. de lectura
Sinala que Adolfo Campos Vázquez, rexedor do PP, non convocou dúas das sesións de pleno ordinarias fixadas
Ecos da Comarca/Dozón
O BNG en Dozón demanda cumprir coas convocatorias dos plenosordinarios acordado a principio de mandato. Sinala que Adolfo Campos Vázquez, rexedor do PP, non convocou dúas das sesión de pleno ordinarias fixadas.

"A Lei de Bases de Réxime Local no seu artigo 46.2 fixa que os concellos de poboación inferior a 5.000 habitantes celebrarase a sesión ordinaria como mínimo cada tres meses
O Real Decreto 781/1986, de 18 de abril, no artigo 47.1 di que as corporacións locais
poderán establecer o réxime das sesións ordinarias. Os días das reunións ordinarias serán fixados previamente por acordo plenario. O pleno de organización do concello de Dozón, celebrado o 3 de xullo de 2023 no punto relativo ao réxime das sesións plenarias acordou que se realice unha sesión ordinaria cada dous meses, o derradeiro luns hábil dos meses de febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro", subliña o Bloque.
As normas, apunta, "e un acordo plenario tamén o é, deben executarse conforme ao establecido e son de obrigado cumprimento tanto para os destinatarios como para a propia administración. A fixación da periodicidade bimensual implica que tanto os membros da Corporación como o público en xeral coñecerán con antelación suficiente o día e hora concretos en que se celebrarán os plenos. Con este coñecemento previo refórzase a función atribuída aos concelleiros da oposición de controlar e fiscalizar a actuación dos órganos de goberno, ao mesmotempo que se facilita á cidadanía que poidan programar mellor o exercicio do seu dereito a asistir ás sesións plenarias e ser testemuñas dos debates e acordos que se produciran nelas".
Polo tanto, subliña o BNG que é obrigatorio celebrar as sesións plenarias ordinarias segundo a periodicidade establecida no acordo adoptado polo pleno ao principio do mandato, e sen que poida ser substituído por outras sesións de carácter extraordinario co fin de exercer, por parte da oposición, o control e fiscalización dos órganos de goberno así como tratar nos mesmos as mocións e solicitudes dos grupos da oposición, cousa imposible nos plenos extraordinarios.
"No mes de febreiro non se convocou o pleno ordinario e tampouco no mes de outubro do ano 2024. Isto supón unha vulneración do dereito fundamental dos concelleiros a participar
nos asuntos públicos ( artigo 23 CE) que tamén afecta ao exercicio pleno e sen obstáculos
indebidos, especialmente no referente á fiscalización e control dos órganos de goberno. A falta de convocatoria dunha sesión ordinaria polo ausencia dun secretario-interventor non ten xustificación legal, xa que sempre haberá un secretario en funciones ou suplente para asistir como tal aos Plenos ordinarios previstos no mandato".
Comments