top of page

O BNG de Dozón esixe "a dimisión do alcalde tras ser condenado por homicidio imprudente"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Trátase dunha sentenza que aínda é recorrible


Ecos da Comarca/Dozón

O BNG de Dozón pide ao PP que lle esixa ao alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, á dimisión logo dunha sentenza do Xulgado do Penal no 1 de Pontevedra que "o condena por un delito contra o dereito dos traballadores e por homicidio imprudente en calidade de Conselleiro delegado da empresa familiar lalinense, Frigodeza". Cabe mencionar que nesta empresa produciuse no ano 2020 un accidente laboral no que un operario dunha empresa externa faleceu.

foto

"A conduta exemplar que o PP esixe para o resto dos grupos políticos en todos osámbitos só é críbel se aplican a mesma vara de medir a si mesmos. Neste caso, non estamos ante unha imputación ou investigación, senón ante unha sentenza, aínda que é recorríbel, imponlle inhabilitación para exercer o dereito ao sufraxio pasivo. Sendo máis grave a imposición da inhabilitación para traballar en empresas de sacrificio de animais", recalca o o responsable do BNG local, Mario Vila.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o BNG sinalan que "entendemos que alguén a quen inhabilitan para traballar con animais, está máis que inhabilitado para exercer o cargo público de alcalde e traballar e xestionar os recursos da veciñanza. A imaxe do concello de Dozón, a través do alcalde Adolfo Campos Vázquez, do Partido Popular, segue na liña turbia e caciquil do seu predecesor. A súa dimisión non se pode demorar máis, debe dimitir xa!", recalca o BNG.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page