O BNG de Dozón denuncia unha limpeza "irregular e de favor en sábado para tapar 15 días de abandono"
- ecosdacomarca

- 12 abr
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
O representante do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na corporación municipal de Dozón quere trasladar a súa máis profunda indignación ante a "manobra desesperada e irregular levada a cabo polo alcalde, Adolfo Campos, na mañá de hoxe sábado". Tras a denuncia pública realizada o venres polo BNG sobre a "emerxencia hixiénica" e os 15 días de abandono absoluto na limpeza do Colexio Público, o Centro de Saúde e o Concello, o Bloque sinala que "a realidade volve deixar en evidencia as mentiras do goberno local".

1. Evidencia gráfica dunha limpeza "de urxencia"
Sinala que na mañá de onte, sábado, 11 de abril ás 11:00 horas, "tal e como testemuñan as imaxes capturadas no CEIP Pío Cabanillas Gallas, o Concello enviou persoal e un vehículo para realizar tarefas de limpeza a correr nun día non laboral e non lectivo. Esta actuación confirma que:
• A limpeza non estaba "normalizada": Se o servizo fose ordinario, non habería necesidade de enviar operarios un sábado pola mañá tras a presión mediática.
• Reacción á denuncia: O alcalde tenta borrar a proba dos 15 días de sucidade acumulada antes de que o alumnado e o profesorado regresen o luns".
PUBLICIDADE
"2. Unha actividade "de favor" e sen amparo legal"
O BNG denuncia que esta intervención de onte "carece de calquera cobertura administrativa formal:
• Inexistencia de contrato: O persoal que hoxe traballa no centro non conta con ningún convenio nin acordo formal co Concello.
• Xestión por "favores": Trátase dunha actividade puntual realizada como un favor persoal cara ao alcalde, o que supón unha "irresponsabilidade criminal" ao ter persoas en edificios públicos sen as garantías laborais, de Seguridade Social ou de seguros de accidentes obrigatorios".
PUBLICIDADE
3. Esixencia de responsabilidades
O BNG esixe saber se este corte do servizo se debeu a falta de pagamentos ou á caducidade dos contratos. "Limpar un sábado ás agachadas non resolve a parálise absoluta nin a desidia política que puxo en perigo a saúde de nenos e enfermos durante dúas semanas", declara o representante nacionalista.
"Dende o BNG instamos ao goberno local a presentar un informe detallado sobre quen realizou a limpeza de hoxe (por onte) e baixo que relación contractual, advertindo que elevaremos esta denuncia ás autoridades sanitarias e educativas se non se garante un servizo profesional e digno de xeito inmediato", conclúe o partido nacionalista.
NOTICIA RELACIONADA:
O BNG de Dozón denuncia "a falta de limpeza no colexio, no centro de saúde e no Concello": https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-doz%C3%B3n-denuncia-a-falta-de-limpeza-no-colexio-no-centro-de-sa%C3%BAde-e-no-concello








Comentarios