top of page

O BNG de Dozón demanda unha ordenanza de transparencia e boas prácticas no Concello

Ecos da Comarca/Dozón

Miguel Ángel Docasar Areán, concelleiro municipal do Bloque Nacionalista

Galego en Dozón, levará a cabo ao vindeiro pleno municipal unha moción a través da cal pide unha ordenanza de transparencia e boas prácticas no Concello. "A transparencia e o acceso á información pública é un dos estándares de bo goberno e tamén a base para manter vivo o contrato social que vincula o goberno e a cidadanía".


Sinala que cada día é maior a demanda e a esixencia veciñal que quere coñecer e ter acceso á toma de decisións de goberno, a utilización de fondos públicos, a actividade

política, etc. "O artigo 70 bis.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, introducida pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización da Administración local, establece literalmente que “As entidades locais

e, en especial, os concellos, deben promover o uso interactivo das tecnoloxías da información e da comunicación para facilitar a participación e a comunicación cos

veciños, para a presentación de documentos e para a realización de trámites administrativos, enquisas e, no seu caso, consultas cidadás”.

foto
Docasar, o edil do BNG de Dozón.

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, na súa disposición derradeira novena establece que “os órganos das Comunidades Autónomas e Entidades Locais disporán dun prazo máximo de dous anos para adaptarse ás obrigas contidas nesta Lei”. Para iso, as entidades locais deben dispor dun proceso interno de adaptación a esta norma, sendo recomendábel, entre outras medidas, a regulación integral da materia mediante unha Ordenanza.


"Na Lei do Parlamento de Galicia 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno tamén se detalla normas que o Concello de Dozón xa conseguiu con varios fitos salientábeis aplicados no anterior mandato, pero paralizados dende entón e a día de hoxe non contamos nin cunha Ordenanza propia que harmonice e integre todas as particularidades do acceso aos datos municipais, que aclare os trámites, prazos, e medios dispoñíbeis nin tampouco un uso diario das ferramentas implantadas para lograr

levar a cabo unha mellor e maior Transparencia".


Por todo isto, en Dozón, sinala o Bloque, "hai aspectos concretos que, ao noso xuízo, fan necesario unha aplicación máis exhaustiva da Transparencia, por exemplo:

  • Elaborar un Regulamento de Funcionamento Interno no que se especifique os dereitos e deberes de toda a corporación municipal, a periodicidade das sesións

    plenarias e da xunta de goberno local, así como o dereito da cidadanía a participar nas sesións plenarias cando se traten temas que lles afectan directamente ou sexan do seu interese.

  • Na páxina da Internet do propio concello: Establecer un apartado de Órganos de goberno no que se referencien:

o Actas das sesións plenarias.

o Actas das xuntas de goberno local.

o Decretos da alcaldía.

 Outro apartado sobre as ordenanzas e bandos emitidos.

 Outro apartado no que se inclúa toda a información relativa a contratacións da administración local con toda a documentación que forme parte dos distintos expedientes:

o Contratos menores e provedores

o Contratos maiores.

o Contratación do persoal ao servizo da administración local.

Outro apartado no que conste os seguintes:

o Rexistro público das reunións que manteñen os representantes municipais co sector de entes privados.

o Establecer un horario fixo e permanente de atención diaria á veciñanza indicando os prazos para responder ás súas consultas.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

 Outro onde se detalle a información económica:

o Orzamentos.

o Préstamos e cargas financeiras con entidades de crédito.

o Detalle das taxas e ingresos percibidos polos servizos municipais.

o Relación de gastos a cargo da institución local, etc.


-Na súa función de asesoramento e apoio, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a propia Xunta de Galiza puxeron a disposición dos concellos distintos modelos de ordenanza de transparencia e ferramentas para facilitar a tarefa dos concellos na promulgación e aplicación deste tipo de normativa, explica o concelleiro nacionalista. " A da FEGAMP está inspirada na normativa e distintos documentos, tendo como eixo central as Leis 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo Goberno e 37/2007, de 16 de novembro, sobre a reutilización da información do sector público.


Por iso, levará a cabo esta moción na que pide "iniciar o imprescindíbel debate con aportacións de todos os membros Municipais para, asegurando tamén a participación cidadá, elaborar un borrador de Ordenanza de Transparencia e Boas Prácticas, e levar a cabo, coas ferramentas descritas nesta moción ditas aplicacións".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page