O BNG de Dozón cuestiona a licitación para a contratación de concesión da residencia e centro de día
- ecosdacomarca

- 10 jul 2025
- 3 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
O BNG de Dozón pronúnciase sobre a licitación "do procedemento negociado sen publicidade para a contratación de concesión da residencia e centro de día en Dozón. A convocatoria extraordinaria e urxente foi notificada nin con 24 horas de antelación para poder consultar toda a documentación e cotexala coa anterior, a do concurso previo", recalca o Bloque.

Sinala as seguintes cuestións:
"1º. Deberíase incorporar ao expediente as razóns polas que o concurso quedou deserto.
Se foi por orzamento de construción moi baixo ou se o orzamento de explotación era baixo. Se foi porque ninguén soubo de que se sacara a concurso. Supoño que haberían empresas que foron por alí a ver o expediente, o terreo, etc. Algo lle dirían".
"2º. O máis lóxico é que quedara deserto por orzamento escaso tanto para a construción como para o mantemento. Mais o orzamento de construción segue a ser o mesmo, o período de concesión segue a ser o mesmo ( 40 anos) e as tarifas propostas seguen sendo as mesmas".
"3º. A lexislación, no contrato negociado sen publicidade despois de quedar deserto o
concurso, só permite modificacións leves. E así son as modificacións que contén este novo
documento e que son contraditorias:
a) Modifícase o prazo de execución. No concurso de 2024 era de 14 meses e agora no
negociado pasa a ser de 12 meses. Semella unha contradición, baixar o prazo cando quedou deserto con máis.
b) Acreditación de solvencia, no concurso de 2024 era de 5 anos de experiencia en
construción deste tipo de edificios e 4 anos de experiencia na xestión de residencias
e centros de día nos últimos 10 anos. Agora no negociado, mantense os 5 anos de
experiencia en construción, pero baixa de 4 a 2 anos a experiencia na xestión de
residencias nos últimos 10 anos. Isto é sospeitoso, máis que un procedemento
negociado semella que se trata de adaptar os pregos a alguén que está previamente
escollido e só ten 2 anos de experiencia na xestión de residencias".
Publicidade
O BNG recalca que "sería conveniente saber as razóns polas que quedou deserto o concurso para proceder a modificar os pregos e volvelo a sacar a concurso outra vez e non levalo ao negociado porque se trata dunha concesión moi apetecíbel. 54 millóns de € en 40 anos. Cheira a amaño para que alguén leve esta concesión á conta de fondos públicos e dos nosos maiores. Facer unha proposta no apartado de obrigas do concesionario. Queremos que conste nos pregos a reserva de 10 ou máis prazas para usuarios do noso concello. Ten que ser obxectivo desta corporación e desta residencia cubrir as necesidades dos nosos maiores, que poidan estar no lugar onde teñen a súa familia e os seus veciños, tanto na residencia como no centro de día".
Publicidade
Ademais, indica que paraconseguir ese obxectivo "queremos abrir un novo apartado na paxina 22, Apartado B.2 co seguinte enunciado: plan de mantemento dos nosos maiores no noso concello e plan de retorno para os que actualmente se atopen en residencias de fóra do concello. Que este apartado sexa puntuado con 6 puntos. Ao procedemento negociado sen publicidade, súmase a convocatoria extraordinaria e urxente polo q non tivemos nin 24 horas para consultar toda a documentación e cotexala coa anterior, a do concurso".








Comentarios