top of page

O BNG de Dozón aposta por Miguel Docasar Areán, como candidato á Alcaldía neste municipio

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Substitúe así a Mar Vila, que ambos son os concelleiros nacionalistas desta lexistatura, aínda que ela tamén formará parte da candidatura


Ecos da Comarca/Dozón

O BNG de Dozón anunciou este martes que aposta por Miguel Docasar Areán, como candidato á Alcaldía deste municipio relevando deste xeito a Mar Vila.


Docasar é da parroquia de Santa María de Dozón, licenciado en matemáticas e traballa como profesor de Secundaria. Na presente lexislatura é concelleiro xunto con Vila.

Docasar, sentado, con parte da candidatura, entre eles Mar Vila (á esquerda).

O candidato aposta pola transparencia na administración local, por poñer o Concello ao servizo da cidadanía; por dotar á cidadanía de servizos básicos ( melloras no abastecemento de auga e depuración das mesmas), recollida selectiva do lixo, mellora integral de todas as vías de comunicación, acceso ás novas tecnoloxías, acondicionamento das antigas vivendas dos mestres para vivenda en aluger social e por demandar doutras administracións a dotación de servizos, como o HADO (Servizo de hospitalización a domicilio).

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Moción HADO

No pleno celebrado o luns, 24, o BNG levou a pleno unha moción de urxencia na que se demandaba reclamar á Consellaría de Sanidade o servizo HADO que neste momento, (pese a anunciar hai un ano, Julio Comesaña, que xa estaba en funcionamento) non se está a dar no concello de Dozón nin nos de Rodeiro e Agolada cos conseguintes problemas para enfermos e familiares.


"Os seis concelleiros do PP votaron en contra de reclamar á Xunta a posta en marcha do HADO para Dozón. Co seu voto en contra demostran ter máis fidelidade ao seu partido, que á veciñanza á que se deben", sinala o partido nacionalista que levará o asunto ao Parlamento.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page