top of page

O BNG de Deza/Tabeirós presenta a súa campaña 'Tempo de avanzar! Para todas. Todo' de cara ao 8 M

Fai un chamamento á mobilización social participando nas distintas convocatorias de organizacións feministas repartidas polo país, co obxectivo de visibilizar as loitas e reivindicacións do feminismo galego ao longo de todo o ano


Laura Moure/Deza

O BNG de Deza/Tabeirós presentou este xoves a súa campaña Tempo de avanzar! Para todas. Todo de cara ao 8 M, Día da Muller Traballadora. O BNG fai un chamamento á mobilización social participando nas distintas convocatorias de organizacións feministas repartidas polo país, co obxectivo de visibilizar as loitas e reivindicacións do feminismo galego ao longo de todo o ano. Na rolda de prensa estiveron presentes as concelleiras e membros do BNG nos distintos concellos da comarca Erea Rey, Carlota Salgado, Susana Tato e Vanesa Iglesias, así como a concelleira lalinense e recentemente electa deputada, Ariadna Fernández.

"Os avances do feminismo no último século vense ameazadas a diario polo avance da dereita e da extrema dereita ao longo e ancho do planeta, algo que non pode pasar inadvertido. Ningún dos dereitos conquistados polo feminismo está asegurado ante dito avance, de xeito que poden perderse de non continuar coa loita, sendo preciso asegurar e blindar eses dereitos como fixo o país veciño, Francia", sinala o partido nacionalista.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Evidenciando, engade, "que este risco de perda dos dereitos conquistados é real, temos indicadores que amosan claramente que a desigualdade segue implantada na nosa sociedade, deixando ás mulleres nun segundo plano que non queremos nin nos resignamos a ocupar".


Segundo os datos da axencia tributaria, "no ano 2022 ráchase coa tendencia da diminución da fenda salarial de xénero, aumentando lixeiramente respecto de 2021 ao se situar ao redor do 18,7%, isto é, as mulleres cobramos de media 4.519 euros menos que os homes desenvolvendo os mesmos postos de traballo. Outro indicador a ter en conta é que a maior parte das traballadoras teñen xornadas parciais, medrando do 15,8% de 2021 até o 20% de 2023 a porcentaxe que nos ocupa. A meirande parte das mulleres seguen desenvolvendo actividades na esfera dos traballos remunerados de xeito precario ou non pagados ( o dos coidados e limpeza no fogar, por exemplo) para soster o recorte no gasto público en servizos sociais e atención ás persoas, polo que seguen condenadas a asumir todas os tarefas extras, o que redunda nunha situación de sobrecarga e retroceso nos seus dereitos, afastándoas da igualdade día a día".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As concelleiras incidiron na necesidade de incorporar a perspectiva de xénero en todas as

políticas que se desenvolven a nivel municipal, en todos os ámbitos, laboral, social, cultural, deportivo, sendo preciso implantar medidas para garantir igualdade nos dereitos de homes e mulleres. "Todo o que arrodea ás mulleres debe verse cunha perspectiva feminista e de igualdade, incluso no ámbito da arquitectura, por exemplo, é necesario ter unha visión feminista para ter espazos seguros (iluminación) e adaptados a novas realidades ( beirarrúas amplos e con accesibilidade).


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page