top of page

O BNG de Deza recalca que foi o partido nacionalista o que conseguiu unha rebaixa histórica na AP-53

"Desde o BNG felicitamos o PSOE por rectificar. Foron moitas as ocasións nas que o BNG demandou esta medida, mais o PSOE (e noutras o PP) non a consideraron necesaria. Agora si. É un avance", apunta



Ecos da Comarca/Deza

"O acordo de investidura asinado con BNG co PSOE contempla unha rebaixa histórica  da taxa da AP53 para os veciños da comarca de Deza- Tabeirós. Acadar esta rebaixa é recoñecer que as reivindicacións  que sempre abandeirou o BNG eran xustas.  Nestas circunstancias, está ben que o PSOE recoñeza a necesidade e oportunidade da medida, e,

posiblemente, no futuro, tamén o PP asuma esta solución, pero a ninguén se lle escapa que sen a capacidade decisiva o BNG para a investidura de Pedro Sánchez esta reivindicación quedaría no caixón, coma quedou tantas veces cos gobernos do PP e PSOE en Madrid", indica o BNG de Deza.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O responsable Comarcal, Xoán Blanco, asegura que o acordo de investidura asinado entre o BNG e o PSOE vai mellorar a vida d@s galeg@s e en particular da veciñanza da nosa comarca ao incluír a rebaixa da peaxe da AP 53 nun 50% para todos os que fagan unha viaxe ida e volta no día que pode chegar ao 75% os súper recorrentes, é dicir aqueles que fagan un mínimo de 20 viaxes/mes


"Desde o BNG felicitamos o PSOE por rectificar. Foron moitas as ocasións nas que o BNG demandou esta medida, mais o PSOE (e noutras o PP) non a consideraron necesaria. Agora si. É un avance".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os nacionalistas da Comarca teñen claro que "ao PSOE, ao igual que o PP, non fan, obrigáselles. Unicamente cando o voto do BNG é necesario é cando as políticas do Estado teñen en conta melloras para Galiza. Onte (polo martes) asistimos atónitos a un acto de propanganda onde se pretende vender o traballo do BNG. Mañá, xoves 9 de novembro convocaremos a todos os medios para explicar polo miúdo o acordo completo Galiza está se o BNG está. O intereses de Deza-Tabeirós están se o BNG está", recalca Xoán Blanco.


NOTICIA RELACIONADA:

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page