top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Deza a e Tabeirós esixe a rebaixa das peaxes da AP-53 mentres duren as obras nela

Tamén demanda a devolución dunha porcentaxe da peaxe a todos os usuarios que poidan acreditar o uso da mesma desde o inicio das obras por non ter sinalizado estas desde o seu inicio


Ecos da Comarca/Deza

O BNG das comarcas de Deza e Tabeirós Terra de Montes presentará en todos os concellos de ambas bisbarras unha moción a través da cal demanda a rebaixa das peaxes na AP-53 durante o tempo que duren as obras na mesma.


Sinala que na AP 53 estase levando a cabo obras nos viadutos da ponte sobre o río Ulla dende hai un mes. "Por mor das mesmas, a concesionaria cortou unha calzada de circulación, de xeito que o tráfico vai pola calzada adxacente en dobre sentido de circulación. Isto provoca problemas aos usuario que ven que, logo de pagar por un servizo nunha estrada, que obrigatoriamente ten que ter unhas características de seguridade e rapidez, atópanse cunha vía que limita a velocidade, con obstáculos, con dobre sentido de circulación e polo tanto menos seguridade".

Os elevados custes desta autoestrada, apunta, (6,70€ desde Lalín, 4,05€ desde Silleda e 3,05 dende Lamela), obriga á empresa concesionaria a garantir a ausencia de molestias, incomodidades e inconvenientes para os usuarios, de tal xeito que se entende que o cobro da peaxe integra só está xustificado se se presta o servizo nas condicións adecuadas".


Por outra banda, explica que "segundo sentenzas xudiciais, a concesionaria non pode cobrar a peaxe íntegra nas vías nas que se produzan incidencias e molestias sempre e cando non se tivera informado sobre o estado da vía coa antelación suficiente como para que o usuario puidese optar por non incorporarse á autoestrada ou por abandonala antes de chegar ao treito afectado. Neste caso, o anuncio de obras na autoestrada estaba xa na zona de Oca, cando xa non había posibilidade de abandonar a vía. Foi o xoves da semana pasada, logo dun mes de obras, cando se sinalizou adecuadamente obras na AP-53 antes de incorporarse á mesma. Este incumprimento trouxo como consecuencia que a empresa  obtivo uns beneficios que non lle correspondían á costa dos usuarios que padeceron as consecuencias".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Polo anteriormente exposto, presentará ao pleno das distintas corporacións para o seu debate e aprobación, se procede, dunha moción a través da que demandan dirixirse ao Ministerio de Transporte e mobilidade para que lle esixa á concesionaria da AP 53 a devolución dunha porcentaxe da peaxe a todos os usuarios que poidan acreditar a utilización da mesma desde o inicio das obras por non ter sinalizado obras na mesma desde o día de inicio das mesma. Do mesmo xeito, que o Ministerio lle esixa á concesionaria a rebaixa das peaxes da AP 53 mentres duren as obras na mesma.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page