top of page

O BNG de Cruces propón cubrir de xeito interno as baixas do persoal administrativo e as vacantes

"No canto de contratar a dedo unha xestoría, pedimos aprobar as bases para cubrilas como así o solicitou o BNG en pleno", recalca o partido nacionalista


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces propón cubrir de xeito interno as baixas do persoal administrativo e as vacantes pendentes. "No canto de contratar a dedo unha xestoría, propoñemos aprobar as bases para cubrir as baixas dos administrativos que non se atopan dende decembro no seu posto, como así o solicitou o BNG nunha proposta en pleno", recalca.

Así mesmo, recomenda que "en lugar de lanzar ameazas encubertas, traten de mellorar as condicións dos traballadores do Concello, pagando en tempo e forma os seus salarios, como por exemplo o retraso deste mes de maio, modificar a RPT ou cubrir as vacantes existentes, quizais así o concello funcionaría mellor. Mais non se pode agardar nada dun alcalde que enche o Concello de persoal externo, que nin coñece a realidade do noso municipio", recrimina e subliña que mentres "os proveedores non cobran, os asesores levan os cartos".


O partido nacionalista insiste en que "basta de enganar e difamar" e incide en que dende o BNG o seu propio portavoz solicitou no pasado pleno unha relación das facturas pendentes de pago aos proveedores, "as cales aínda non tivemos" e denunciou a situación que se está a vivir no departamento de Economía, "con facturas a proveedores con retrasos de ata seis meses, das que temos acceso porque así o permite a lei de transparencia, algo que ao parecer o señor Taboada e o seu escribano parecen descoñecer".

"Non entendemos dende o BNG cales son eses datos sensibles aos que un concelleiro elixido pola veciñanza non pode ter acceso? Que ten o desgoberno gardado nos caixóns que o resto da Corporación non poida ver? Ou é que Taboada quere volver aos mellores tempos do caciquismo onde se chanchullean as obras para que as levara sempre ao mesmo? Diso el sabe moito, que é o que ten que agochar?". Así mesmo apunta que "aclarar tamén, o xeito caciquil que o señor Taboada emprega para pagar ao seu elenco de

asesores, a través dos gastos correntes e por decreto de Alcaldía, mentres os proveedores

teñen que agardar a modificacións de crédito, que só poden aprobar en pleno cada dous

meses co apoio do resto da Corporación, para poder dispoñer de partida coa que facer os

pagos dende tesourería".


"Taboada: ten memoria selectiva?"

Por último, recórdalle a Xuntos polo Noso Concello que "ten tres concelleiros de 13 e ocupan o sillón da Alcaldía tras incumprir a súa palabra dun mandato de dous e dous anos. Como pode Taboada lembrar que o BNG pedíu algún soldo durante as negociacións, se nin tan sequera se lembra que o 15 de xuño de 2021 tiña que ter deixado o relevo da Alcaldía ao BNG? Será que ten memoria selectiva? Pois lembrámoslle que o único que se falou sobre adicacións, foi de reducir o gasto que tiña o anterior goberno, e que agora o señor Taboada supera con creces co seu séquito de asesores".


E sinala que "con 10 concelleiros na oposición e tres no goberno, se a oposición fora tan malvada como pintan, Taboada non faría unha soa obra no concello. Que deixe de laiarse. A oposición, neste caso o BNG, é absolutamente máis leal á veciñanza co propio goberno, motivo polo cal sempre facilitou a aprobación de todas as obras que se teñen feito, nunca nos opuxemos ás obras necesarias para o concello, sempre que se votou en contra foi opoñéndonos ás formas, á falta de consenso, á ausencia de informes e á falta de previsión polos problemas que poida acarrexar un mal plantexamento das mesmas, aportando soluciones lóxicas como os aparcadoiros disuasorios da Rúa Vázquez. Polo tanto, as obras feitas no concello non son mérito do goberno, senón da oposición, que pese as grandes diferenzas nunca obstaculizou os investimentos que benefician á veciñanza".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page