top of page

O BNG de Cruces presenta alegacións contra a liña de evacución conxunta dos parques Cunca e Rodeira

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces presenta alegacións contra a liña de evacuación conxunta dos parques Cunca e Rodeira debido aos impactos negativos que provocarán na contorna.

O partido nacionalista fala dos seguintes impactos negativos:

- Impacto social e económico polo modelo especulador e depredador que se presenta.

- Impacto no sector agropecuario e como consecuencia na economía do concello.

- Impacto medioambiental con prexuízo da flora e da fauna autóctona.

- Impacto sobre o patrimonio cultural (material e inmaterial), arquitectónico e natural.

- Impacto psicolóxico e na saúde sobre a poboación.


"En dito estudo de impacto ambiental existen carencias insalvables para que dito proxecto sexa asumible, posto que non conta cun estudo exaustivo das augas e dos acuíferos do Concello que permita a seguridade e permanencia dos mesmos", indica.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Dende o BNG queren amosar o seu rexeitamento ao estudo de impacto ambiental e das solicitudes de autorización administrativa previa e de constitución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e a declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Cunca e Rodeira, emprazados nos concellos de Vila de Cruces, Silleda e Lalín da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/172), "proxectos que pouco ou nada teñen que ver con mellorar as condicións de vida da nosa cidadanía".

O voceiro municipal, Alex Fiuza, quere transmitir o seu apoio, tanto a nivel individual como do grupo político do BNG de Vila de Cruces, á veciñanza que se está a posicionar de xeito activo en contra deste expolio.


Crítica as outras forzas políticas "O BNG de Vila de Cruces consideramos fundamental a unanimidade da corporación e a loita activa para frear este expolio, pois a veciñanza está a facer un traballo enorme para parar algo que vai perxudicar o futuro do noso concello. Lamentamos a opacidade na exposición da información pública por parte da Xunta de Galicia e do Goberno de Vila de Cruces, un posicionamento hipócrita do grupo de Xuntos, no que por un lado instalan pancartas en contra dos eólicos, ou xestionan un bus para as mobilizacións do 5X, e polo contrario, nin acompañan á veciñanza nas mobilizacións, nin facilitan en tempo e forma a documentación requirida polos diferentes movementos veciñais", apunta. "O silencio cómplice de Otero e do PP de Vila de Cruces con este asunto, outro exemplo da falta de interese e proxecto para o noso concello, que se suma ás consecuencias que levamos sufrido en Vila de Cruces coas minicentrais, o encoro de Portodemouros ou a liña de Redesa, as cales non aportaron ningún beneficio á nosa cidadanía. Non é suficiente con dicir que se está en contra, hai que loitar contra o expolio e estar á altura do pobo ao que todos representamos".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page