O BNG de Cruces pregunta ao goberno se ten coñecemento do vertido denunciado a semana pasada
- ecosdacomarca
- 22 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces sinala que "o martes pasado coñecíamos a denuncia pública dun veciño sobre un suposto vertedoiro no monte que hai camiño da estrada da Bandeira, no cal sospeita que entre os escombros se atopen os restos dunha obra pública dun concello limítrofe".

Por este motivo, o BNG de Vila de Cruces pregúntalle ao goberno local se ten coñecemento deste vertedoiro, mesmo se existe algún tipo de licenza solicitada, ou algunha concesión feita para poder depositar restos de residuos de obra nalgunha parcela da localidade.
Publicidade
"De non existir ningún tipo de licenza, deberá ser un caso a investigar, xa que as empresas concesionarias de obras públicas, cobran a maiores por realizar a xestión dos residuos, ademáis de que de ser certa esta denuncia, supón un perigo ambiental por mor das filtracións, sobre todo a acuíferos próximos", subliña o Bloque.
Комментарии