top of page

O BNG de Cruces pide explicacións polo estreitamento na estrada entre Ollares e Salgueiros

En concreto, refírese á altura de Gandarón


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces, a través do seu voceiro Álex Fiuza, reclama explicacións ao alcalde e ao concelleiro de obras pola redución do ancho da estrada que une Ollares con Salgueiros, concretamente á altura de Gandarón, onde o vial se estreita de forma considerable debido a un roleiro. Segundo sinalan os veciños da zona, este estreitamento non ten sentido, xa que unha vez que se consegue mellorar o vial, este tramo dificulta o paso de vehículos e maquinaria agrícola, ademais de comprometer a seguridade viaria.

ree

O BNG aclara que o estreitamento "non responde a ningún informe técnico, senón a un problema de delimitación de propiedade, esta falta de definición está a provocar unha situación de inacción por parte do goberno, en prexuízo dos veciños, que vén como unha inversión que resulta beneficiosa para a veciñanza de Ollares remata nunha enorme chapuza".


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“É inaceptable que unha vía de uso público quede reducida debido á mala xestión de quen nos goberna ”, declarou Álex Fiuza, voceiro de BNG. “O goberno local debe actuar, aclarar a titularidade dos terreos e garantir a seguridade de quen transita por esta estrada”.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O BNG solicita ao concelleiro de obras e ao alcalde Taboada que acelere as xestións necesarias para determinar a titularidade da franxa afectada e que adopte medidas urxentes para restablecer o ancho da vía. Fiuza lembra que “todas as parroquias do municipio deben recibir a mesma atención e coidado”, e reitera o seu compromiso coa seguridade viaria e a defensa dos intereses veciñais.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page